A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dá comezo ás súas Escolas Artísticas

Escolas Artísticas 2017 da SGAVP
Escolas Artísticas 2017 da SGAVP
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 20 de marzo de 2017.

Ao longo do presente mes de marzo e dos vindeiros de abril e maio, a Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dará comezo ás actividades das Escolas Artísticas para o ano 2017 na súa sede (na rúa Moreno, 3281) da capital arxentina.

Están programadas activididades de baile folflórico galego en niveis infantil, principiante e avanzado; gaita, para todos os niveis; baile clásico español e flamenco, para todos os niveis; folclore arxentino, para todos os niveis; obradoiro de teatro, que comezará en maio; escola de percusión, para todos os niveis; Coro Polifónico Saudades, en abril e para todas as cordas; e cantareiras, tamén para todos os niveis.

A programación completa pódese descargar picando aquí.

 

Fonte e foto: www.sociedadeavp.org.ar

880 lecturas