Novas
Buscador
- O secretario xeral da Emigración falou en Radio Melide das axudas ao retorno emprendedor 08.03.2017 audio Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, foi entrevistado en Radio Melide, onde falou do programa de subvencións do seu departamento para as e os emigrantes retornados que queren comezar unha actividade emprendedora en Galicia. Entrevista a Antonio Rodríguez Miranda (picar aquí para descargar) Máis información
- Miranda repasou a actualidade de Emigración no programa 'Galicia por Diante' da Radio Galega 07.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado esta mañá nos Almorzos do programa 'Galicia por Diante', que dirixe Kiko Novoa na Radio Galega, e alí repasou a actualidade do departamento que dirixe. Extracto 1 Miranda, última viaxe a Venezuela (picar aquí para descargar) Extracto 2 Miranda,... Máis información
- Rodríguez Miranda e Nava Castro asistiron á celebración dos 50 anos da Enxebre Orde da Vieira, acto no que o titular de Emigración gabou “a fortaleza dese fío invisible pero imborrable que é a galeguidade” 06.03.2017 audio Os dous máximos galardóns do ano recaeron en Romay Beccaría e na revista ‘Madrygal’. Ademais de Nava Castro e trece persoas máis, recibiu o seu ingreso na Orde o director xeral de Migracións, Ildefonso de la Campa. Antes de asistir a este evento, o secretario xeral compartiu a celebración do Entroido con socias e socios da Casa de Galicia de... Máis información
- Emigración amplía a colaboración coa fundación España Salud para reforzar a cobertura socio sanitaria dos galegos e as galegas en Venezuela 04.03.2017 audio O secretario trasladou ao embaixador español a crecente preocupación do Goberno galego pola situación que atravesa o país e, por tanto, os 46.000 galegos e galegas residentes nel, así como pola falta de pagamento das pensións recoñecidas polo Estado venezolano a persoas emigrantes retornadas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Miranda lembra a importancia de dar prioridade ao investimento social na súa visita á Hermandad Gallega de Venezuela 03.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración asinou dous acordos de colaboración coa entidade, e afirmou ante as e os directivos da Galeguidade en Caracas que “o máis importante é sempre atender a quen máis o necesita”. Tamén explicou polo miúdo as distintas liñas de apoio ao retorno que desenvolve a Xunta. O alto cargo fixo asemade entrega de cadansúa ‘... Máis información
- Miranda promove en Venezuela as liñas que desenvolve a Xunta para o fomento do retorno 02.03.2017 audio Dadas as especiais circunstancias polas que atravesa o país, o secretario xeral da Emigración involúcrase persoalmente na difusión e promoción das iniciativas de axuda ao regreso á terra. Entre elas, adiantou os eixos fundamentais das ‘Becas Excelencia Mocidade Exterior’, coas que se busca captar o talento da xuventude na diáspora. Tamén en... Máis información
- Miranda transmitirá aos galegos e galegas de Venezuela o compromiso da Xunta por reforzar a asistencia ás e aos paisanos con maiores dificultades 01.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración presentará asemade en Valencia e Caracas as axudas ao retorno emprendedor, e tamén un adianto das novas bolsas para promover o retorno das e dos universitarios galegos da diáspora. Antonio Rodríguez Miranda inicia mañá a súa primeira viaxe institucional do ano a Venezuela, destino en máis dunha ducia de ocasións... Máis información
- O Centro Galego de Lleida concluíu a Semana Cultural do seu 40º aniversario 28.02.2017 audio Ao longo de seis xornadas da pasada semana, a entidade galega na cidade do Segre -que neste 2017 celebra o seu 40º aniversario- desenvolveu un programa de actividades que rematou o domingo coa celebración da súa Asemblea Xeral ordinaria e un Xantar de Irmandade. Do luns 20 ao domingo 26 de febreiro o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)... Máis información
- Macri e Feijóo avogan por aproveitar a nova etapa de modernización iniciada por Arxentina para fortalecer a relación de cooperación con Galicia 25.02.2017 audio O presidente da Xunta mantivo hoxe en Madrid unha audiencia co presidente de Arxentina, que estes días realiza a súa primeira visita de Estado a España. O titular do Goberno galego expón a disposición da Comunidade para axudar ao país nesta andaina e incide nas posibilidades que se abren para o empresariado galego e para o empresariado arxentino... Máis información
- Feijóo avalía os 100 días de goberno coa mirada posta nunha Galicia máis estable e máis social 24.02.2017 audio O presidente da Xunta abriu esta mañá o encontro de traballo con motivo dos 100 días do actual Goberno galego. “Foron cen días de inconformismo, para avanzar vellos proxectos e para abrir novos camiños”, di, incidindo en que este é un balance que se conxuga en futuro. Avoga por un Goberno útil para os cidadáns e as cidadás e cun proxecto de país... Máis información
Páxinas |








