Novas
Buscador
- Miranda recibe a Leirós, fillo predilecto da súa localidade natal e presidente durante 17 anos de ‘Residentes de Mos’ de Bos Aires, e á alcaldesa deste concello 28.06.2017 audio O secretario xeral destaca “o permanente afán de superación” que ten amosado Leirós e, canda el, centos de miles de galegas e galegos en todo o mundo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a José Leirós, emigrante galego na Arxentina que vén de ser nomeado por ese... Máis información
- Miranda afirma que se debe aproveitar o inicio da recuperación económica para converter esta na “lexislatura do retorno” 26.06.2017 audio O secretario xeral da Emigración ofrece no Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior traballar “con humildade, lealdade e intensidade” en favor das e dos galegos e españois residentes no estranxeiro. Comparte a súa “fonda preocupación” polos paisanos e paisanas residentes en Venezuela, así como polas e polos pensionistas retornados... Máis información
- A Xunta eloxia o traballo dos centros galegos no exterior durante a celebración do Día de Galicia en Londres 25.06.2017 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron nos festexos organizados polo Centro Galego da capital británica. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe nos festexos organizados polo Centro... Máis información
- A Xunta participa na Festa do Polbo que organiza o Centro Galego de Núremberg 24.06.2017 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, participaron hoxe na Festa do Polbo que organiza o Centro Galego de Núremberg (Alemaña). Esta ocasión aproveitouse para irmandar esta celebración -que xa cumpre 25 anos- coa tradicional Festa do... Máis información
- Miranda: "Seguiremos rendendo xusta homenaxe aos galegos que deixaron a terra nos momentos máis difíciles” 22.06.2017 audio O secretario xeral da Emigración recibiu persoalmente a parte das e dos 153 beneficiarios do programa ‘Reencontros na casa’. A iniciativa permite que galegos e galegas que levan moitos anos sen pisar o país poidan compartir ata 45 días coa súa familia da Galicia territorial. As e os primeiros participantes da edición deste ano do programa “... Máis información
- Galegas e galegos residentes en 22 países distintos interesáronse pola primeira convocatoria das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ 19.06.2017 audio Publicouse hoxe a listaxe provisional de solicitudes admitidas, abríndose o prazo para que completen a documentación aquelas peticións que non o teñan feito segundo as esixencias da convocatoria. Venezuela e Brasil en América, e Reino Unido e Alemaña en Europa, son os países nos que residen o maior número de peticionarias e peticionarios. As e os... Máis información
- Miranda asiste ao gran día de celebración conxunta das galegas e galegos residentes en Andalucía, Ceuta e Estremadura 10.06.2017 audio “A excelente imaxe da que goza Galicia no sur de España é produto directo dunha relación fundamentada no respecto mutuo”, afirma o secretario xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e mailo alcalde de El Puerto de Santa María, David de la Encina, presiden hoxe a celebración da VIII Xuntanza de Centros... Máis información
- MENSAXE DE CONDOLENCIA POLO ATENTADO DE LONDRES 04.06.2017 audio Nun novo día de loito internacional provocado pola barbarie gratuíta e arrepiante, a Galeguidade universal expresa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, e a súa fonda solidariedade coas vítimas do atentado de Londres, cidade na que se asentan moitos galegos e galegas, aos que quere transmitir o seu máis firme apoio nestes... Máis información
- Miranda asiste á celebración dos galegos e galegas residentes en Madrid e gaba “a importante e permanente achega” que realizan para a boa imaxe de Galicia en toda España 03.06.2017 audio Arredor de medio millar de persoas participan na XI Romaría Galega que coordina a Federación de Asociacións Galegas en Madrid. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, preside hoxe a undécima edición da Romaría Galega, celebración conxunta da colectividade galega residente en Madrid e provincia, e que agrupa cada ano ao redor... Máis información
- Emigración seguirá prestando apoio ás actividades do Lar Gallego de Avilés, cuxa presidenta visitou a Miranda 02.06.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á presidenta da Asociación Lar Gallego de Avilés, Ana María Fernández Grela, con quen departiu sobre a actualidade da diáspora galega nesta localidade asturiana, e no Principado veciño en xeral. Grela fixo repaso á vida social e cultural da entidade nos últimos... Máis información
Páxinas |









