Miranda reúnese co director general de Migraciones para coordinar as políticas no exterior

A xuntanza entre o secretario xeral da Emigración e Ildefonso de la Campa enmárcase na relación continua que manteñen ámbolos dous organismos. 

Os responsables estatal e galego buscan aunar esforzos, principalmente en países que atravesan unha situación especialmente delicada, como Venezuela .

Miranda (á esquerda na imaxe) e de la Campa, durante a xuntanza celebrada en Madrid
Miranda (á esquerda na imaxe) e de la Campa, durante a xuntanza celebrada en Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Migracións do Ministerio de Empleo, Ildefonso de la Campa, mantiveron onte unha reunión nas dependencias ministeriais en Madrid para coordinar as políticas a levar a cabo por ámbalas dúas Administracións públicas no exterior.

O encontro enmárcase nas relacións que os departamentos estatal e autonómico manteñen de xeito permanente ao longo de todo o ano co fin de aunar esforzos na coordinación de axudas a galegos e galegas residentes no estranxeiro. A de onte foi, ademais, unha xuntanza na que ambos cargos prestaron especial atención a aquelas e aqueles emigrantes que están a sufrir as consecuencias da delicada situación que se vive en Venezuela.

 

1180 lecturas