O notario Isidoro Calvo Vidal pronunciou en Xenebra unha conferencia sobre o Dereito de sucesións que atinxe a emigrantes

  • Imaxe da conferencia que pronunciou Calvo Vidal sobre 'Dereito de sucesións internacionais vs. Dereito de sucesións español e galego'
    Imaxe da conferencia que pronunciou Calvo Vidal sobre "Dereito de sucesións internacionais vs. Dereito de sucesións español e galego"
  • Imaxe, esa mesma tarde, dos ensaios do grupo folclórico da Nosa Galiza de Xenebra
    Imaxe, esa mesma tarde, dos ensaios do grupo folclórico da Nosa Galiza de Xenebra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017.

Auspiciada pola Secretaría Xeral da Emigración, Isidoro A. Calvo Vidal pronunciou na Nosa Galiza de Xenebra a conferencia "Dereito de sucesións internacionais vs. Dereito de sucesións español e galego", durante a que disertou sobre as novidades introducidas coa entrada en vigor do Regulamento Nº 650/2012 da Unión Europea sobre o Dereito de sucesións, lexislación aplicable desde agosto de 2015 a aquelas que teñan carácter internacional ou transfronteirizo.

Con despacho na cidade da Coruña, o notario Calvo Vidal é, entre outros, membro do Colexio Notarial de Galicia e do Consello de Administración da Asociación da Rede Europea de Rexistros de Testamentos, conselleiro xeral da Unión Internacional do Notariado, delegado para asuntos europeos do Consello Xeral de Notariado, e conferenciante e autor de varias publicacións no eido das sucesións mortis causa.

791 lecturas