Novas
Buscador
- «O Himno por Andrea Pousa» conmemora o centenario do pasamento de Pondal 31.05.2017 audio Contou coa participación de Valentín García, Antonio Rodríguez Miranda e Blanca García-Señoráns. O compostelán Pazo de San Roque acolleu a presentación do novo proxecto audiovisual producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García. O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda, entrevistado no programa de Marcos Fiamingo en Radio Belgrano 28.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado por Marcos Fiamingo para o seu programa en Radio Belgrano AM650 (Bos Aires), e alí falou das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior que convoca o seu departamento. Audio da entrevista ao secretario xeral da Emigración (picar aquí para descargar) Máis información
- Miranda analizou a actualidade da diáspora galega en Valencia con directivos do Centro Galego na cidade 26.05.2017 audio Máis de 18.500 persoas nadas en Galicia residen arestora nas tres provincias da Comunidade Valenciana. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente e un dos vogais da directiva do Centro Galego de Valencia, José Ramón Cerdeira e Xoaquín Coto respectivamente, con quen departiu sobre a... Máis información
- O Consello acorda o recoñecemento de comunidade galega para a asociación "Xuntanza de Galegos de Alcobendas" 24.05.2017 audio A entidade, que xa contaba co recoñecemento de centro colaborador, foi creada en 1988 e conta con 800 socias e socios. Con esta nova incorporación, están adscritas arestora ao Rexistro de Galeguidade un total de 176 entidades en España, Europa e América, das que 110 contan coa categoría de ‘comunidade galega’. O Consello da Xunta vén de acordar o... Máis información
- O Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia celebrou o 'Día da Nai' 24.05.2017 audio O Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia (Estado Carabobo - Venezuela) celebrou o 'Día da Nai' organizando para os seus e as súas maiores un xantar, ofrecéndolles un pequeno agasallo e, sobre todo, compartindo o seu tempo e festexando así este día especial para todas e todos eles. Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Valencia Máis información
- MENSAXE DE CONDOLENCIA POLO ATENTADO DE MÁNCHESTER 23.05.2017 audio Nun novo día de loito internacional provocado pola barbarie gratuíta e arrepiante, a Galeguidade universal expresa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, e a súa fonda solidariedade coas vítimas do atentado de Mánchester, cidade na que se asentan moitos galegos e galegas, aos que quere transmitir o seu máis firme apoio nestes... Máis información
- Miranda louva o apoio á proxección e mellora da imaxe de Galicia que realizan os centros galegos en Castela e León 20.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración preside hoxe os actos do XXIV Día de Galicia na comunidade veciña, organizado nesta ocasión polo Centro Galego de Miranda de Ebro. 300 persoas participan en diversas actividades lúdicas e culturais, nunha celebración que contou con importante presenza de conveciñas e conveciños casteláns. O secretario xeral de... Máis información
- Emigración renova o seu firme compromiso para atender as necesidades asistenciais das e dos maiores galegos en Domselaar e Mar del Plata 17.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración asinou cadanseu acordo coas entidades galegas presentes nestas dúas localidades arxentinas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de asinar cadanseu acordo de colaboración co Fogar Galego para Anciáns de Bos Aires, e o Centro Galego de Mar del Plata, ambos na Arxentina, para contribuír á... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda, entrevistado no programa 'A tarde', da Radio Galega 16.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado no programa A tarde que dirixe Cristina García na Radio Galega, e alí falou das 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' que convoca o departamento que dirixe. Audio coa entrevista ao secretario xeral da Emigración (picar aquí) Máis información
- Miranda recibe ao primeiro grupo de escolares andorranas e andorranos que fan o Camiño de Santiago trala promoción que realiza o Centro Galego de Barcelona 15.05.2017 audio A iniciativa, que se estenderá a toda a comunidade educativa do Principado pirenaico, conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Este grupo pioneiro foi tamén recibido por autoridades relixiosas e locais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na Praza do Obradoiro ao primeiro dos grupos de escolares procedentes do... Máis información
Páxinas |









