Novas
Buscador
- Antonio Rodríguez Miranda entrevistouse con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico 21.10.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entrevistouse no seu despacho na capital de Galicia con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico. Nado no lugar de Pedrouzos (Ames - A Coruña), Vilacoba presidiu durante moitos anos a única colectividade galega oficialmente constituída na illa. Máis información
- Miranda recibiu en audiencia ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia 20.10.2017 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia no seu despacho en Santiago de Compostela ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela), Manuel Fajín, con quen analizou a actualidade da colectividade galega residente naquela cidade. Valencia, con máis de 1,9 millóns de habitantes... Máis información
- A Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas celebrou o seu 57º aniversario 16.10.2017 audio O pasado xoves, 12 de outubro, a Hermandad Gallega de Venezuela celebrou o seu 57º Aniversario. Como xa é costume, realizouse unha ofrenda floral na Praza Simón Bolivar da sede de Maripérez, para a que se contou coa asistencia do cónsul adxunto de España en Venezuela, Rodrigo Reyero Pita. Atopábanse tamén entre as e os presentes representantes da... Máis información
- O secretario xeral da Emigración asiste á homenaxe a Luis López Salgado “Pitis” 14.10.2017 audio A Asociación de Xornalistas de Galicia promoveu a celebración deste recoñecemento público ao xornalista de 'La Región Internacional', co gallo do seu recente pasamento. No acto interviron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez. Hoxe celebrouse en Ourense un acto... Máis información
- Miranda recibe no mosteiro de San Martiño Pinario ás e aos participantes do programa “Reencontros na Terra” 13.10.2017 audio 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial grazas ao programa. A primeira quincena benefícianse dunha estadía na Residencia de Panxón, e despois poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de corenta e cinco días. O secretario xeral da Emigración resaltou o traballo realizado pola diáspora e afirmou que “a Galicia moderna... Máis información
- López-Chaves visita na residencia de Panxón ás e aos 135 participantes no programa “Reencontros na Terra” 10.10.2017 audio O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá ás e aos 135 participantes do programa “Reencontros na Terra”. Acompañado pola xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, achegouse ata a Residencia de Panxón na que se aloxan desde o pasado 3 de outubro en réxime de pensión completa nunha... Máis información
- A Xunta pon en valor a cociña e produtos galegos nunhas xornadas gastronómicas para sectores profesionais en Arxentina 09.10.2017 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe na inauguración das xornadas “Obradoiro de Sabores”. Previamente, visitaron o Centro Gallego de La Plata, onde comprobaron o labor fundamental que desenvolve esta organización. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o... Máis información
- A Xunta participa na entrega de 'compostelas' no marco dos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia” 08.10.2017 audio As 'compostelas' foron entregadas aos mozos e mozas participantes no programa posto en marcha polo goberno galego “Conecta con Galicia 2017”. Os actos congregaron a miles de galegos e galegas da colectividade arxentina na avenida de maio bonaerense. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez-... Máis información
- A Xunta acompaña a miles de galegos e galegas da colectividade arxentina na celebración do “Bos Aires Celebra Galicia” 07.10.2017 audio O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron nos actos de celebración na Avenida de Mayo bonaerense. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron hoxe aos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”, que un... Máis información
- Miranda inicia viaxe a Arxentina e Uruguai, coincidindo co centenario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo 06.10.2017 audio O secretario xeral fará entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’, e tamén se reunirá cos e coas representantes do Consello de Residentes en Montevideo. Entre ambos países, suman máis de 214.000 residentes galegas e galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
Páxinas |









