Novas
Buscador
- Miranda inicia outra viaxe a Venezuela para pulsar en vivo a situación da colectividade galega residente no país 18.09.2017 audio O secretario xeral da Emigración asinará ademais con entidades sociais presentes no país un novo acordo, e dúas addendas, para a atención ás necesidades básicas da poboación galega. Estas ampliacións, e outras xa realizadas pola Secretaría Xeral, fan que o seu orzamento destinado este ano concretamente aos galegos e galegas de Venezuela se... Máis información
- Feijóo refírese ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a galeguidade se constrúe desde a unión e a suma de identidades 17.09.2017 audio O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación. Destaca que a identidade galega se engrandece cando se enlaza con achegas doutras culturas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a... Máis información
- ‘La Voz’, ‘Faro’ e 'La Opinión' destacan as cifras que amosan unha tendencia crecente da volta a Galicia, e as axudas da Xunta para retornadas e retornados 15.09.2017 audio Os medios de comunicación en Galicia continúan amosando sumo interese polas liñas de apoio ao retorno postas en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración. Na edición deste venres 15 de setembro, La Voz de Galicia destina a principal noticia de portada, e as dúas primeiras páxinas da edición, ás e aos retornados. Tamén Faro de Vigo e La Opinión... Máis información
- Comezan estes días a chegar a Galicia os primeiros beneficiarios e beneficiarias das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ 14.09.2017 audio O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a listaxe de persoas admitidas e de suplentes. Mercé a esta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, cen galegas e galegos residentes no estranxeiro rematarán a súa formación na Galicia territorial, coa finalidade de asentar aquí novas iniciativas empresariais. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
- Miranda gaba “o esforzado e meritorio labor” dos paisanos e paisanas en Castelló por manter viva a chama da Galeguidade 13.09.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’, Xosé Filgueira Fernández, con quen analizou a situación da colectividade galega na cidade da Plana e no resto da Comunidade Valenciana. Filgueira encabeza un grupo de socias e socios que desexan dar novos... Máis información
- Miranda gaba o labor da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi, entidade que agrupa aos galegos e galegas no País Vasco, e ínstaa a seguir no camiño da unidade 12.09.2017 audio O secretario xeral da Emigración recibiu a Pilar Rodríguez, presidenta da entidade e da ‘Agrupación Fillos de Galicia’ de Sestao, que é membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Arestora residen en Euskadi máis de 42.700 galegas e galegos de nacemento. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ... Máis información
- Último mes de prazo para presentar solicitudes ás subvencións para emprendedoras e emprendedores retornados 09.09.2017 audio Cómpre lembrar que poden acollerse a estas axudas, de ata 8.000 euros, todos aqueles e aquelas que puxeran en marcha unha empresa ou negocio na Galicia territorial nos dous últimos anos. Esta iniciativa complementa, sen excluílas, outras axudas para emprededoras e emprendedores doutros departamentos autonómicos e doutras institucións públicas e... Máis información
- Encontro do secretario xeral da Emigración cos membros da 'XXXI Campaña Antártica' do Exército de Terra 08.09.2017 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos membros da 'XXXI Campaña Antártica' do Exército de Terra. Máis información
- Turismo de Galicia impulsa a posta en funcionamento dun punto informativo no Centro Galego de Barcelona, en plena Rambla 08.09.2017 audio Galicia contará así cun punto de divulgación nun enclave privilexiado, froito da colaboración cunha comunidade galega. O Consello da Xunta aprobou, na súa xuntanza desta semana, o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Centro Galego de Barcelona en virtude do cal se... Máis información
- Abertas as inscricións nos cursos de folclore galego da Irmandade Galega na Suíza 06.09.2017 audio A Irmandade Galega na Suíza (1973) ten aberta a inscrición para as clases de baile galego -dende os 3 anos- gaita e canto e pandeireta que organiza esta entidade do cantón de Xenebra. Horarios: Gaita: luns de 18:30 a 19:45 h Canto e pandeireta: luns de 19:45 a 21:00 h Baile: -Pequenos/as: mércores dende as 17:15 ata as 18:00 h -Medianos/... Máis información
Páxinas |









