Miranda exemplifica na figura do centenario José Rosario Rodeiro as mellores cualidades do empresariado galego en Brasil

O secretario xeral da Emigración participou nunha homenaxe que recoñeceu a traxectoria deste veciño natural de Fornelos de Montes e asentado en Salvador de Baía. 

O secretario xeral da Emigración tamén visitou as instalacións do Galícia Esporte Clube, que este ano celebra o seu 85 aniversario.

  • O secretario xeral da Emigración participou nunha homenaxe que recoñeceu a traxectoria deste veciño natural de Fornelos de Montes e asentado en Salvador de Baía
    O secretario xeral da Emigración participou nunha homenaxe que recoñeceu a traxectoria deste veciño natural de Fornelos de Montes e asentado en Salvador de Baía
  • O secretario xeral da Emigración participou nunha homenaxe que recoñeceu a traxectoria deste veciño natural de Fornelos de Montes e asentado en Salvador de Baía
    O secretario xeral da Emigración participou nunha homenaxe que recoñeceu a traxectoria deste veciño natural de Fornelos de Montes e asentado en Salvador de Baía
  • O secretario xeral da Emigración tamén visitou as instalacións do Galícia Esporte Clube, que este ano celebra o seu 85 aniversario
    O secretario xeral da Emigración tamén visitou as instalacións do Galícia Esporte Clube, que este ano celebra o seu 85 aniversario
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, abriu esta mañá a súa intensa axenda no Brasil coa homenaxe a un dos empresarios galegos máis destacados residente en Salvador de Baía. Nun emotivo acto celebrado no Consulado Xeral de España na cidade brasileira, o responsable do departamento autonómico e o chanceler de España, Manuel Sierra Fernández, lembraron o pasado e o presente de José Rosario Rodeiro, quen acudiu arroupado pola súa familia e recén convertido en centenario.

Miranda repasou a longa e exemplar vida deste galego natural de Fornelos de Montes que con apenas 12 anos mudou a Brasil na procura de novas oportunidades e que con tan só 17 montou o seu primeiro negocio. Viñeron moitos tras o primeiro que lle serviron de escola para recibir as mellores clases sobre emprendemento e empresas. Hoxe, con 100 anos recén cumpridos, segue supervisando a xestión das súas dúas principais compañías: Indeba (de produtos para hixienización e limpeza industrial especializado no eido da hostalería e a saúde) e Bomix (fábrica de baldes  e bombonas industriais líder nacional no sector que conta co maior complexo de fábricas de América Latina de bidóns industriais). A primeira é, ademais, unha das poucas do país que fabrica os produtos que emprega nos seus propios laboratorios, que tamén distribúe entre grandes empresas de Rio de Janeiro e São Paulo. 

“A emigración española é diferente” 
A emigração espanhola é diferente das outras, dos alemães, dos italianos. O espanhol chega a través da família. Son dúas das frases que mellor resumen unha época completa de Galicia, esa especialmente marcada pola emigración de centos de milleiros de galegos, principalmente a Sur América, a finais do século XIX e principios do XX. E son de José Rosario. Porque pouca xente pode explicar como el con tan poucas palabras o que a emigración galega significou: fraternidade, éxito, traballo e a constatación da imaxe do galego coma un emprendedor infatigable. E el pode facelo precisamente, porque é a mellor encarnación de todos estes valores tan positivos e tan axeitados”, sinalou o secretario xeral da Emigración, que lle fixo entrega, ademais, dunha carta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e unha métopa. 

Visita ao Galícia Esporte Clube 
Trala homenaxe, o responsable da Secretaría Xeral da Emigración trasladouse ao Galícia Esporte Clube, que este ano celebra o seu 85 aniversario e que logo de catorce anos logrou regresar á elite do fútbol baiano tras conquistar o título do Campionato Baiano de Futebol en 2013. O Galícia Esporte Clube foi fundado o 1 de xaneiro de 1933 por emigrantes galegos e co paso dos anos tense convertido nun dos máis tradicionais clubes baianos, historicamente ligado á colonia española de Salvador, ata erixirse no primeiro tricampión baiano de fútbol. 

Por el pasaron algúns dos xogadores máis representativos da selección de fútbol brasileira, como o ex xogador do Barça Marinho Peres (que disputou o Mundial de 1974), Toninho (o Mundial de 1978), Washington César Santos ou o dianteiro Oseas. Actualmente a entidade deportiva ocupa o oitavo posto do ránking baiano de fútbol, liga na que se atopa inscrito o seu primeiro equipo.  

Axenda oficial da tarde
As citas oficiais da tarde celebraranse tanto no Centro Espanhol como na sede da Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago, onde terá lugar, entre outros actos e encontros, a sinatura do convenio de colaboración entre a entidade de Salvador de Baía e a Secretaría Xeral da Emigración, e un recoñecemento a varias e varios dos máis estreitos e desinteresados colaboradores coa Xunta de Galicia para a atención social das e dos maiores galegos de Salvador de Baía desde hai décadas.

502 lecturas