Novas
Buscador
- Miranda enxalza a figura de José Solla como exemplo da contribución da emigración galega á cultura universal 07.08.2018 audio O secretario xeral da Emigración estudou co pintor pontevedrés varias propostas para acompañar a exposición das dúas obras que se levará a cabo o vindeiro ano na cidade arxentina de Mar del Plata. O obxectivo desta mostra é establecer un fío condutor para potenciar a promoción exterior de Galicia, especialmente de cara ao vindeiro Ano Xacobeo de... Máis información
- Miranda sinala o papel fundamental das comunidades galegas na proxección exterior da alta calidade dos produtos agroalimentarios de Galicia 04.08.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse con parte da comunidade galega en Cuxhaven, cunha forte representación da comarca de Arousa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo o foco no papel que a gastronomía galega xoga na proxección exterior de Galicia como unha das ferramentas con máis alcance e pegada en todos os... Máis información
- O bono de ata 5000 euros para os autónomos e autónomas que precisen unha segunda oportunidade pode solicitarse ata o 1 de outubro 03.08.2018 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria de axudas coa que se pretende favorecer o retorno ao emprendemento. A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste un millón de euros coa previsión de beneficiar a 200 traballadoras e traballadores por conta propia que queiran reemprender un negocio sempre que adquiran... Máis información
- Miranda pide ás empresarias e empresarios galegos do exterior que lideren a responsabilidade de reforzar a proxección internacional de Galicia 02.08.2018 audio O secretario xeral da Emigración abriu en Santiago o quinto Encontro de Empresarios Galegos no Mundo. O responsable autonómico lembrou que “se gaña Galicia, gañamos todos”, e invitou a apostar polo retorno de todas e todos aqueles emprendedores galegos que estean pensando en volver á terra. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Procesión do Apóstolo Santiago, mascletá e irmandade no Día de Galicia en Castelló 01.08.2018 audio Co gallo do Día de Galicia e do Santiago Apóstolo, o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" celebrou o pasado 22 de xullo, na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló, unha misa que estivo oficiada polo sacerdote galego José Rodriguez. O presidente da entidade galega na capital da Plana, Xosé Filgueira, foi o encargado de ofrendar ao... Máis información
- Galeguidade no Obelisco de Bos Aires 30.07.2018 audio Centos de galegas e galegos déronse cita no Obelisco da capital arxentina para celebrar a chegada do 25 de xullo, declarado desde 2005 'Día da Galeguidade en Bos Aires' pola Lexislatura porteña. Na noite do 24, mentres na compostelá praza do Obradoiro refulxían os fogos do Apóstolo, a colectividade galega de Bos Aires xuntouse a carón do... Máis información
- Miranda asiste á Romaría Abanca Internacional, que este ano elixiu Ribadavia para celebrar a súa cuarta edición 28.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este mediodía á Romaría Abanca Internacional, que este ano celebrou a súa cuarta edición. O responsable autonómico presenciou a exhibición de cetrería que tivo lugar no recinto interior do Castelo dos Condes de Sarmiento de Ribadavia, municipio elixido pola entidade para... Máis información
- O Centro Galego de Vitoria, récord mundial de muiñeira 27.07.2018 audio O Centro Galego de Vitoria vén de bater esta pasada fin de semana o récord do mundo de baile simultáneo de muiñeira, con máis de 600 galegas e galegos e veciñas e veciños alaveses que se xuntaron no Parque Norte da capital vasca para participar no movemento 'Global Muiñeira'. O vídeo resumo desta nova marca mundial -certificada ante notario-... Máis información
- Miranda sitúa os coidados básicos das e dos maiores galegos sen recursos residentes no exterior entre as prioridades da Secretaría Xeral da Emigración 26.07.2018 audio O titular do departamento autonómico renovou o convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Janeiro, por un importe de 25.000 euros. A residencia é unha das mellor dotadas e máis completas da cidade brasileira e da diáspora galega, e presta coidados aos galegos e ás galegas sen recursos... Máis información
- Hoxe os galegos e galegas festexamos todo o que nos une 25.07.2018 audio Máis información
Páxinas |









