Miranda asiste á Romaría Abanca Internacional, que este ano elixiu Ribadavia para celebrar a súa cuarta edición

Imaxe deste mediodía na localidade ourensá de Ribadavia
Imaxe deste mediodía na localidade ourensá de Ribadavia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este mediodía á Romaría Abanca Internacional, que este ano celebrou a súa cuarta edición. O responsable autonómico presenciou a exhibición de cetrería que tivo lugar no recinto interior do Castelo dos Condes de Sarmiento de Ribadavia, municipio elixido pola entidade para desenvolver a multitudinaria cita deste ano. A continuación, o responsable autonómico desprazouse, xunto co resto das e dos asistentes ao evento, á contorna da igrexa de Santo Domingo para participar no viño de benvida, e posteriormente á praza anexa ao templo, que serviu de escenario para o discurso que pronunciou o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e para o posterior xantar popular.

1680 lecturas