Procesión do Apóstolo Santiago, mascletá e irmandade no Día de Galicia en Castelló

  • A misa oficiouse na parroquia na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló
    A misa oficiouse na parroquia na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló
  • A misa oficiouse na parroquia na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló
    A misa oficiouse na parroquia na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló
  • Imaxe da procesión polo adro da igrexa
    Imaxe da procesión polo adro da igrexa
  • Ao xantar de irmandade asistiron membros da corporación municipal castellonenca, representantes de entidades rexionais con presenza en Castelló e persoas asociadas e familiares
    Ao xantar de irmandade asistiron membros da corporación municipal castellonenca, representantes de entidades rexionais con presenza en Castelló e persoas asociadas e familiares

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018.

Co gallo do Día de Galicia e do Santiago Apóstolo, o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"  celebrou o pasado 22 de xullo, na parroquia Santo Tomás de Villanueva de Castelló, unha misa que estivo oficiada polo sacerdote galego José Rodriguez. O presidente da entidade galega na capital da Plana, Xosé Filgueira, foi o encargado de ofrendar ao Apóstolo en nome da entidade e, deseguido, procedeuse a procesionar a imaxe do Santo polo adro da igrexa, seguido do disparo dunha sonora "mascletá".

Despois, xa na súa sede social "O Faiado", no complexo Tetuán XIV, tivo lugar un xantar de irmandade ao que asistiron por parte da corporación municipal a vicealcaldesa da cidade, Ali Brancal, quen estivo acompañada polo primeiro tenente de alcalde, Antonio Lorenzo, e os concelleiros Rafa Simó Sancho, tenente de alcalde do Distrito Marítimo, e José Luis López Ibáñez, de Juventud, Bienestar Social y Dependencia. Así mesmo,  acudiron a esta cita representantes doutras entidades galegas na Comunidade Valenciana, como o presidente do Centro Galego de Valencia, e presidentes das casas rexionais asentadas en Castelló (Aragón, Asturias, Andalucía, Castela A Mancha e Rexión de Murcia), persoas asociadas e familiares, participando dunha animada xuntanza na que se degustaron produtos típicos de Galicia.

523 lecturas