Miranda pide ás empresarias e empresarios galegos do exterior que lideren a responsabilidade de reforzar a proxección internacional de Galicia

O secretario xeral da Emigración abriu en Santiago o quinto Encontro de Empresarios Galegos no Mundo.

O responsable autonómico lembrou que “se gaña Galicia, gañamos todos”, e invitou a apostar polo retorno de todas e todos aqueles emprendedores galegos que estean pensando en volver á terra.

  • O secretario xeral da Emigración abriu esta mañá en Santiago de Compostela o Vº Encontro de Empresarios Galegos no Mundo
    O secretario xeral da Emigración abriu esta mañá en Santiago de Compostela o Vº Encontro de Empresarios Galegos no Mundo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pediu esta mañá ás empresarias e aos empresarios galegos no exterior que lideren a misión de reforzar a proxección internacional de Galicia. O responsable autonómico deu a benvida un ano máis ás e aos centos de participantes que cada verán converten a capital de Galicia na do empresariado mundial con selo da terra de Breogán, a través do Encontro de Empresarios Galegos no Mundo, que estes días celebra a súa quinta edición. Na súa intervención o titular do departamento de Emigración fixo especial fincapé no labor que o tecido empresarial galego espallado polo mundo terá os vindeiros meses na promoción do Xacobeo de cara á celebración de 2021.

“O Camiño de Santiago é un dos maiores activos que ten esta empresa nosa, Galicia, para seguir incrementando exponencialmente os seus beneficios. Se gaña Galicia, gañamos todos”, sinalou Miranda, quen aproveitou o ambiente emprendedor das empresarias e os empresarios galegos reunidos en Santiago de Compostela para adaptar a linguaxe de promoción exterior á dos negocios. “É preciso que esta engrenaxe funcione á perfección, que todos saibamos como podemos e como debemos contribuír á nosa empresa para que esta sociedade, que podería equipararse a unha cooperativa xa que todos ao final dependemos dela, siga asentándose no panorama internacional e liderando o proceso de modernización e avance cara un superávit incontestable”, engadiu.

Axudas ás emprendedoras e aos emprendedores retornados
O secretario xeral da Emigración agradeceu ás e aos presentes o traballo que están a realizar nos seus respectivos sectores, e a todas e todos eles os invitou a apostar polas accións que máis están a medrar na Galicia territorial: as do retorno. Miranda recalcou que as cifras, os únicos datos que non se poden cuestionar, apuntan claramente a unha tendencia ao alza do número de cidadás e cidadáns galegos que deciden regresar á súa terra.

“A todos eles podedes dicirlles cada vez que vos pregunten, e sen medo a errar”, apuntou o responsable autonómico, “que Galicia os espera cos brazos abertos. E non só con cariño e responsabilidade, senón co máis de medio cento de medidas destinadas a facilitarlles a volta que conforman a Estratexia Retorna 2020, dotada con máis de 235 millóns de euros de presuposto entre iniciativas específicas e transversais.

577 lecturas