Galeguidade no Obelisco de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2018.

Centos de galegas e galegos déronse cita no Obelisco da capital arxentina para celebrar a chegada do 25 de xullo, declarado desde 2005 'Día da Galeguidade en Bos Aires' pola Lexislatura porteña. Na noite do 24, mentres na compostelá praza do Obradoiro refulxían os fogos do Apóstolo, a colectividade galega de Bos Aires xuntouse a carón do emblemático monumento para entonar o noso himno e cantar e bailar ao son dos instrumentos e a música tradicional da nosa terra. E todo gravado desde o xa coñecido como Gali-Dron, velaí tedes o vídeo!!!

 

En imaxes
677 lecturas