Novas
Buscador
- Miranda preside o acto de entrega de diplomas que pon fin á convocatoria de 2018 de “Escolas Abertas” 24.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2018, que pon fin a esta nova convocatoria, na que participaron 70 formadores de centros galegos da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza, que... Máis información
- A gala de clausura de “Escolas Abertas” converte Ourense na capital da cultura galega máis internacional 23.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración asistiu, acompañado pola delegada territorial da Xunta e o alcalde de Ourense, ao acto que pon fin a dúas semanas dun intenso programa lectivo Os 70 formadores de centros galegos do exterior amosaron o aprendido nesta nova edición do programa da Xunta de Galicia para actualizar os seus coñecementos en varias... Máis información
-
Escolas Abertas interpreta unha muiñeira de Romeor no programa 'Vivir Aquí'
22.07.2018
audio
Os grupos de baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión das Escolas Abertas 2018 conquistaron Galicia desde a Televisión de Galicia. Aquí che deixamos o enlace do programa Vivir Aquí no que amosaron a todo o mundo parte do que aprenderon estas semanas no Centro Residencial Docente de Ourense.
- Vivir Aquí da TVG (picar aquí para acceder)
Máis información
- Miranda renova a súa colaboración coa Asociación de Retornados Ulla-Umia nun momento no que o regreso á comunidade centra a realidade migratoria de Galicia 21.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración asinou un novo convenio coa Asociación de Retornados Ulla-Umia nun acto ao que asistiron o seu presidente, Celso Domínguez Búa, e a secretaria, Clara Tubio O acordo, que conta cunha dotación de 6.000 euros, permitirá ao colectivo seguir a ofrecer información e asesoramento gratuítos aos emigrantes que volven a... Máis información
- Miranda salienta o potencial dos galegos do exterior na divulgación do Camiño de Santiago cara o Xacobeo 2021 20.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración percorreu o último tramo da Vía da Plata acompañando a 200 beneficiarios de “Conecta con Galicia” e “Escolas Abertas” Un total de 120 destes peregrinos reparten estas dúas semanas entre as actividades náuticas e o Camiño de Santiago e outros 70 actualizan os seus coñecementos en distintas disciplinas en Ourense A... Máis información
- Miranda salienta na UNED as estratexias de emigración e retorno como ferramentas clave para incrementar o regreso de galegos en idade laboral, que aumentaron en máis dun 87 % desde 2009, ata alcanzar as 3.867 persoas 19.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración impartiu a conferencia “Desde la emigración al retorno. Situación actual en Galicia” dentro do curso “Migraciones en el siglo XXI: una visión socioeconómica internacional” O número de galegos nacidos en Galicia de entre 16 e 64 anos que residen no estranxeiro reduciuse en 24.704 persoas, máis dun 31 %, nos últimos... Máis información
- Miranda invita aos alumnos do curso de habilidades directivas para mozos galegos do exterior a combinar a súa ilusión e coñecemento coa experiencia dos maiores 18.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración recibiu os oito alumnos que están a asistir á nova disciplina incluída nas Escolas Abertas 2018 Trátase dun proxecto pioneiro que pretende facilitar ás entidades galegas de fóra da comunidade a súa modernización e adaptación á nova realidade tecnolóxica e social O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Miranda visita no centro residencial docente de Ourense os 70 formadores de entidades galegas no exterior que participan no programa “Escolas Abertas” 17.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou no Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense os 70 formadores de distintas disciplinas que participan nesta nova edición de “Escolas Abertas”. O responsable autonómico aproveitou a tarde para coñecer de primeira man a experiencia dos alumnos de cada unha das seis... Máis información
- Miranda explica as Axudas ao Retornado Emprendedor na TVG xunto a unha beneficiaria 16.07.2018 audio Queres saber que son as Axudas ao Retornado Emprendedor? O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo esta mañá no programa Bos Días da Televisión de Galicia acompañado dunha emprendedora retornada, Adriana Asorey, falando de emprendemento e de retorno. - Bos Días da TVG (picar aquí para acceder) Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración recibe en Santiago ás e aos participantes da segunda quenda do Conecta con Galicia, procedentes de Venezuela e Cuba 16.07.2018 audio Os 33 mozos e mozas, 26 de Venezuela e 7 de Cuba, aterraron no aeroporto de Lavacolla. Durante as vindeiras semanas farán o Camiño de Santiago e convivirán nas instalacións que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío con outras e outros mozos galegos. Na última etapa do programa terán a oportunidade de reunirse coas súas familias galegas. Máis información
Páxinas |









