Miranda clausura, ante destacados alumnos e alumnas e profesorado de hostalería arxentino, uns “Obradoiros de Sabores” que “romperon as barreiras gastronómicas entre Galicia e A Arxentina”

O secretario xeral da Emigración agradeceu ás e aos profesionais que se achegaron ao Club Español a gran acollida que tivo esta segunda edición da iniciativa da Xunta de Galicia en Bos Aires.

No acto, o responsable autonómico estivo acompañado por representantes da Secretaría do Ministerio de Producción y Trabajo da Nación arxentina, dirixida por Alberto Jorge Triaca, que colaborou neste último pase.

O titular do departamento galego mantivo un encontro coas entidades da zona sur de Bos Aires, para felicitarlles polo traballo conxunto que están a facer en prol da colectividade galega na capital bonaerense.

  • O showcooking que puxo fin a esta segunda edición dos Obradoiros de Sabores da Xunta de Galicia foi organizada en colaboración co Ministerio de Producción y Trabajo da Nación arxentina
    O showcooking que puxo fin a esta segunda edición dos Obradoiros de Sabores da Xunta de Galicia foi organizada en colaboración co Ministerio de Producción y Trabajo da Nación arxentina

  • A última elaboración realizada polo chef Jorge Gago, do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, tivo como público a destacadas e destacados mestres e estudantes das escolas de hostalería da Arxentina
    A última elaboración realizada polo chef Jorge Gago, do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, tivo como público a destacadas e destacados mestres e estudantes das escolas de hostalería da Arxentina
  • O secretario xeral da Emigración visitou tamén o Centro Gallego de Avellaneda, onde mantivo un encontro cos socios e socias e directiva das entidades galegas da zona sur da cidade
    O secretario xeral da Emigración visitou tamén o Centro Gallego de Avellaneda, onde mantivo un encontro cos socios e socias e directiva das entidades galegas da zona sur da cidade

Obradoiros de Sabores 2018 en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (A Arxentina), 16 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou ante alumnas e alumnos e profesoras e profesores de hostalería destacados da Arxentina a segunda edición dos Obradoiros de Sabores, a proposta da Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE que pretende unir as cociñas de ambas beiras do Atlántico. O titular do departamento galego agradeceu, así ás e aos arredor de cen asistentes aos diferentes showcookings que lograran que este evento, que vén de concluír a súa segunda edición, “rompera as barreiras gastronómicas entre Galicia a A Arxentina”.

A última elaboración realizada polo chef Jorge Gago, do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, tivo como público a destacadas e destacados mestres e estudantes das escolas de hostalería da Arxentina, que se converteron en testemuñas de excepción das bondades e vantaxes dos produtos da terra e do mar galegos, así como da alta gastronomía que vén de situar a Galicia na élite culinaria mundial. O showcooking que puxo fin a esta segunda edición da iniciativa da Xunta de Galicia foi organizado en colaboración co Ministerio de Producción y Trabajo da Nación arxentina, cuxos representantes asistiron ao acto.

Sumáronse, así, as e os 25 asistentes á derradeira elaboración en directo do menú deseñado polo chef propostos polo Goberno arxentino aos máis de cen profesionais de diferentes ámbitos da gastronomía e a alimentación que pasaron polo Club Español durante os dous últimos días. Gago, natural de Caldas de Reis e Premio Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico de Galicia, recolleu logo deste pase o seu material para trasladarse ao Uruguai, onde protagonizará a primeira edición desta proposta do Executivo galego.

A unidade de Avellaneda e a zona sur da capital
A continuación, o secretario xeral da Emigración desprazouse ata o Centro Gallego de Avellaneda, onde mantivo un encontro cos socios e socias e directiva das entidades galegas da zona sur da cidade, a quen felicitou polo traballo que están a levar a cabo de xeito conxunto. A unidade e o esforzo común que están a realizar “será fundamental”, sinalou Miranda, “para reforzar a capacidade e a presenza dunha das comunidades máis numerosas de Bos Aires”. A zona sur da capital arxentina é unha das áreas que maior cantidade de cidadás e cidadáns galegos concentra da provincia. 

695 lecturas