Miranda visita a Casa de Galicia de Uruguai, que estrea directiva e unha nova etapa co reto de darlle un novo pulo á entidade

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coas e cos socios e cos e as responsables, encabezados polo seu presidente, Alberto Iglesias.

Imaxe da reunión celebrada esta mañá na Casa de Galicia de Montevideo
Imaxe da reunión celebrada esta mañá na Casa de Galicia de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (O Uruguai), 19 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a Casa de Galicia de Uruguai, que vén de iniciar unha nova etapa de man do seu novo equipo directivo, encabezado por Alberto Iglesias, cuxo único propósito é dar un novo pulo á entidade e convertela nun elemento aglutinador do conxunto da comunidade galega en Montevideo. Un completo programa de actividades deseñado ao longo do ano para manter viva a galeguidade na capital uruguaia permitirá á entidade seguir medrando, tanto a nivel social, no que o Goberno galego mantén un convenio para a atención de persoas no ámbito sanitario, como noutros eidos, como o académico, no que a entidade mantén varios convenios con diversas institucións do país.

O Uruguai é o cuarto país do mundo con maior volume de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior, cun total de 41.114 galegas e galegos vivindo en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2018, os útimos oficiais, o que o converte nun dos principais destinatarios dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.

115 lecturas