Novas
Buscador
- Miranda reúnese cos representantes do Centro Gallego de México, comprometendo a presenza da Xunta de Galicia nalgunha das súas principais celebracións do primeiro semestre de 2023 13.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e o presidente do Centro Gallego de México, durante a visita que realizou á capital do país. Durante o encontro, o secretario xeral da Emigración trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de estar presente nalgunha das grandes celebracións que... Máis información
- O Ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto” 13.12.2022 audio O Ciclo Mestre Mateo chegou este mes ao seu fin, tras oito meses de periplo polas entidades galegas do exterior, coa proxección do filme Jacinto. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar... Máis información
- Miranda fai un balance positivo do impulso do labor cultural orientado á mocidade do Centro Galego de Lisboa nun encontro con Francisco Guisado 12.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao responsable da área cultural do Centro Galego de Lisboa, Francisco Guisado, con quen analizou as accións do ano que xa remata e as próximas iniciativas desta entidade para o ano 2023, trasladándolle o responsable autonómico o compromiso da Xunta de seguir a colaborar de cara... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 13M€ en 2023 para fomentar as políticas de retorno 11.12.2022 audio A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando o retorno. Deste xeito, destínanse 5,5€ M€ para os diversos programas específicos da Secretaría Xeral destinados ás e aos galegos do exterior que regresan a Galicia, aos que hai que sumar os 7,5M€ que destinará... Máis información
- Rueda aplaude a contribución dunha xeración de galegas e galegos que axudaron a impulsar Cataluña sen deixar de construir a Galicia moderna de hoxe 10.12.2022 audio Subliña que, grazas ao esforzo dos galegos e galegas no exterior, hoxe existe unha Galicia que racha teitos en exportacións, en turismo ou en investimento nas e nos galegos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aplaudiu a contribución dunha xeración de galegas e galegos que axudaron a impulsar Cataluña sen deixar de construír a Galicia moderna... Máis información
- Miranda agradece aos centros galegos de Cataluña o esforzo para render unha sentida homenaxe á emigración galega nesta comunidade 09.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración asistiu esta tarde en Cornellà ao ensaio xeral da gala “Unha xeración. Dous mundos” organizada pola colectividade galega en colaboración coa Xunta de Galicia. A gala, que se desenvolverá mañá no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. O... Máis información
- A Asociación Cultural Libro Vivo presenta a Rodríguez Miranda un proxecto para visibilizar a modernización social de Galicia a través da construción de escolas no rural grazas ao aporte da emigración 09.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceu o proxecto sobre a modernización de Galicia a través da construción das escolas no rural galego executadas grazas ao aporte económico da emigración, que está a realizar a Asociación Cultural Libro Vivo. Na reunión estiveron presentes o presidente desta entidade, Carlos Breixo,... Máis información
- As e os investigadores dos centros públicos galegos contarán cun estatuto que facilitará o retorno do talento investigador grazas a unha maior estabilidade e calidade laboral 09.12.2022 audio A Xunta iniciou os trámites para aprobar un decreto que fixará un marco laboral que oriente a contratación do futuro. Nestes intres atópase aberto o prazo da consulta pública previa para recibir achegas do colectivo coa previsión de que estea aprobado no “primeiro semestre” do ano que vén. Óptase polo réxime laboral por ser o que mellor se... Máis información
- Jorge Fernández, do Centro Galego de Tenerife, destaca o valor de colaborar na difusión do Camiño de Santiago a través do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración 08.12.2022 audio O galego Jorge Fernández Castro, socio do Centro Galego de Tenerife, participou fai unhas semanas no programa Conecta co Xacobeo que organizou a Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de que as persoas vinculadas a entidades galegas de todo o mundo puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente converterse en embaixadoras e... Máis información
- As delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai coñecen as iniciativas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral 07.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, trasladaron aos delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, o traballo que se está a desenvolver nestes intres para a posta en marcha de programas que faciliten a... Máis información
Páxinas |









