A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 13M€ en 2023 para fomentar as políticas de retorno

Orzamentos 2023 da SXE - Políticas de retorno
Orzamentos 2023 da SXE - Políticas de retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando o retorno. Deste xeito, destínanse 5,5€ M€ para os diversos programas específicos da Secretaría Xeral destinados ás e aos galegos do exterior que regresan a Galicia, aos que hai que sumar os 7,5M€ que destinará a Consellería de Emprego a programas de específicos de formación, incentivos á contratación e fomento do emprendemento, chegando así a un total de 13M€ destinados ao retorno, un 160% máis que no anterior exercicio orzamentario.

A Secretaría Xeral, que contará en 2023 cun orzamento de 19,5M€, apoiará tanto os programas específicos para o retorno como as actuacións en materia de emigración.  A xestión deste departamento autonómico ten como obxecto as actuacións de apoio ás cidadás e cidadáns galegos no exterior e ás entidades galegas asentadas fóra da nosa comunidade autónoma, co fin de fomentar a súa participación na vida social, cultural e económica de Galicia e contribuír á mellora do seu benestar e calidade de vida. Ademais, desenvolve accións encamiñadas a integración social e laboral dos galegos e galegas que deciden retornar a Galicia.

311 lecturas