As delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai coñecen as iniciativas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral

Na imaxe, Antonio Rodríguez Miranda, Zeltia Lado, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez
Na imaxe, Antonio Rodríguez Miranda, Zeltia Lado, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, trasladaron aos delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, o traballo que se está a desenvolver nestes intres para a posta en marcha de programas que faciliten a incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral favorecendo a súa capacitación.  

Estes programas terán como finalidade lograr mellorar a cualificación dos galegos e galegas do exterior que opten por elixir Galicia como destino e facilitar a súa empregabilidade, no marco da nova Estratexia Retorna que continuará a apostar pola oferta de formación e incorporación ao mercado laboral dos retornados e retornadas. 

390 lecturas