A Asociación Cultural Libro Vivo presenta a Rodríguez Miranda un proxecto para visibilizar a modernización social de Galicia a través da construción de escolas no rural grazas ao aporte da emigración

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceu o proxecto sobre a modernización de Galicia a través da construción das escolas no rural galego executadas grazas ao aporte económico da emigración, que está a realizar a Asociación Cultural Libro Vivo. Na reunión estiveron presentes o presidente desta entidade, Carlos Breixo, así como do investigador Vicente Peña e do concelleiro popular de Ortigueira, Valentín Calvín.  

Esta iniciativa que está a promover a asociación de Ortigueira ten como obxectivo dar a coñecer o impulso social que supuxo a construción de centros escolares grazas ás aportacións dos e das emigrantes en América e que, de xeito altruísta e filantrópico, permitiron mellorar a escolarización e a formación de milleiros de nenas e nenos galegos. Foi un caso único, pola súa dimensión, en España.

445 lecturas