Novas
Buscador
- A Xunta leva a Suíza o programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece, en Galicia, ata 400 postos de traballo indefinidos para galegas e galegos do exterior 22.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Estará acompañado de representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines,... Máis información
- Miranda felicita ao Centro Galego de Valparaíso polos seus 30 anos de traballo en prol da cultura galega en Chile 21.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co delegado do Centro Galego de Valparaíso de Chile en Galicia, Miguel Ángel Jopia, co obxectivo de analizar as actividades que están a desenvolver nos últimos meses nesta entidade e as que xa se están a proxectar de cara ao 2023, ano especialmente importante para... Máis información
- Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 e da entrega de compostelas en Bos Aires 21.02.2023 audio A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Club Español de Bos Aires das compostelas e diplomas ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de... Máis información
- A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna 20.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines exporán os... Máis información
- Emigración e o Centro Galego de Lleida presentan o novo número da revista Xurdimento dentro da Semana Cultural da entidade catalá 18.02.2023 audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou onte na presentación do novo número da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Esta actividade, que se engloba dentro da Semana Cultural desta entidade, reuniu a un bo número de socias e socios e... Máis información
- Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile) 17.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta... Máis información
- A figura de Castelao centra o acto do Centro Gallego de Montevideo ao que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez 17.02.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto cultural organizado polo Centro Gallego de Montevideo centrado na figura de Castelao. Baixo o título Castelao, un galego universal, un cento de asistentes puideron coñecer algo máis da figura e da obra do insigne escritor, político e debuxante galego. No acto estivo presente o... Máis información
- A Xunta destina 1,35M€ para axudar a que as entidades do exterior poidan continuar promocionando a cultura galega 16.02.2023 audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. O Diario Oficial de Galicia publica... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración e Casa de Galicia presentan, en Madrid, o libro “Arrieiros Somos” de Rubén Riós 15.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, presentaron esta tarde na capital de España o libro Arrieiros Somos do xornalista e actor Rubén Riós, inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima. O secretario xeral destacou a importancia de darlle voz “aos nosos... Máis información
- Emigración recolle as impresións sobre o retorno das e dos bolseiros BEME que están a cursar un máster na Universidade de Vigo 15.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con estes alumnos e alumnas que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Na UVIGO están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 96... Máis información
Páxinas |









