Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 e da entrega de compostelas en Bos Aires

Os actos celebráronse o pasado 9 de febreiro na capital da Arxentina
Os actos celebráronse o pasado 9 de febreiro na capital da Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Club Español de Bos Aires das compostelas e diplomas ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de Galicia, que duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, pioneira en España e aprobada en 2018. Á capital arxentina viaxaron tamén representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de xestionar o novidoso programa Retorna Emprego.
 
GaliciaAberta ofrece unha escolma das fotografías máis relevantes de ambos eventos, que xuntaron a máis de 350 membros da colectividade galega da capital da Arxentina, país que conta co maior número de galegas e galegos residentes, máis de 180.000.

325 lecturas