Novas
Buscador
- Miranda acompaña á comunidade galega na celebración “Galicia en Madrid” organizada por FAGAMA 18.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á celebración “Galicia en Madrid” no teatro Lara, organizada pola Federación de Asociacións Galegas nesta comunidade (FAGAMA) e que contou coa actuación central do grupo Ramalleira, liderado polo recoñecido gaiteiro Miguel Ramalleira. Na gala tamén actuaron un grupo de... Máis información
- Emigración únese á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante 18.12.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración de apoio á e ao migrante da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. Galicia ten demostrado en infinitas ocasións ao longo da súa historia que é un pobo solidario e valente, capaz de axuntar esforzos e recursos para poñelos ao... Máis información
- Miranda destacou na Radio Galega que o apoio e asesoramento laboral ás e aos retornados galegos será o eixe central da nova Estratexia Retorna 2026 17.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega que a nova Estratexia Retorna 2026 terá como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que... Máis información
- Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás no que se homenaxea ás e aos emigrantes galegos dos EE.UU. 17.12.2022 audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, acompañou ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, no acto de entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar hoxe no polideportivo O Picouto do... Máis información
- Rueda avanza que a Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica as medidas e o orzamento da anterior e busca facilitar o regreso de 30.000 galegas e galegos do exterior 15.12.2022 audio Resalta que é unha forma de recoñecer o dereito ao retorno dos galegos e galegas no exterior e unha vía para que Galicia gañe poboación e “compense o saldo vexetativo negativo”. A nova Estratexia incidirá a través dun cento de propostas en catro áreas principais: laboral, educativa, social e asesoramento. Contará con 450 millóns de euros, dos que... Máis información
- Miranda destaca o exemplo do empresario galego Lino de Prado, quen recibiu o Premio ‘Vasco de Quiroga’ da Cámara Española de Comercio de México, polo seu labor en prol da proxección exterior de España e Galicia 14.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou ao empresario galego Lino de Prado tras recibir o premio 'Vasco de Quiroga' da Cámara Española de Comercio de México, recoñecendo o seu labor como exemplo das e dos empresarios galegos no exterior, así como o seu compromiso na proxección exterior de España e de Galicia en... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á cea de despedida do 2022 organizada polo Centro Gallego de Montevideo 14.12.2022 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto co que o Centro Gallego de Montevideo celebrou o remate do 2022 e ao que asistiron máis de 200 persoas, entre socias e socios e simpatizantes. O evento tivo lugar no Polideportivo de Carrasco e na mesma estiveron tamén presentes o presidente da entidade, Ramón Lorenzo, a cónsul... Máis información
- Miranda reúnese cos representantes do Centro Gallego de México, comprometendo a presenza da Xunta de Galicia nalgunha das súas principais celebracións do primeiro semestre de 2023 13.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e o presidente do Centro Gallego de México, durante a visita que realizou á capital do país. Durante o encontro, o secretario xeral da Emigración trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de estar presente nalgunha das grandes celebracións que... Máis información
- O Ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto” 13.12.2022 audio O Ciclo Mestre Mateo chegou este mes ao seu fin, tras oito meses de periplo polas entidades galegas do exterior, coa proxección do filme Jacinto. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar... Máis información
- Miranda fai un balance positivo do impulso do labor cultural orientado á mocidade do Centro Galego de Lisboa nun encontro con Francisco Guisado 12.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao responsable da área cultural do Centro Galego de Lisboa, Francisco Guisado, con quen analizou as accións do ano que xa remata e as próximas iniciativas desta entidade para o ano 2023, trasladándolle o responsable autonómico o compromiso da Xunta de seguir a colaborar de cara... Máis información
Páxinas |









