Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro

Imaxe de arquivo da última reunión da Comisión Delegada do CCG, celebrada o pasado 8 de xullo
Imaxe de arquivo da última reunión da Comisión Delegada do CCG, celebrada o pasado 8 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023.

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro, por vía telemática. Este encontro supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior.

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando ás e aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos e galegas que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membro nato do organismo atópase a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

403 lecturas