Novas
Buscador
- Miranda felicita aos galegos e galegas residentes en Cuxhaven polo éxito da súa 46ª Festa da Primavera 24.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á 46ª Festa da Primavera de Cuxhaven, organizada polo centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte, felicitándoos polo éxito acadado tanto na asistencia de público como na calidade das actuacións dos diferentes grupos folclóricos galegos asistentes e da cantante galega... Máis información
- Miranda coñece a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo que permite mellorar a atención aos galegos e galegas desta localidade alemá 23.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou no día de hoxe a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo, que cambiou de localización co obxectivo de mellorar a atención aos galegos e galegas residentes nesta localidade alemá. Nestes intres, o novo local ten moi avanzadas as obras de reforma. Miranda cumpriu así... Máis información
- A Xunta abre a convocatoria de “Conecta Voluntariado Galicia”, un programa destinado a achegar a nosa terra ás mozas e mozos galegos do exterior 23.06.2023 audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos. O programa desenvolverase do 8 ao 19 de setembro no campo de voluntariado de Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo. As e os participantes descubrirán aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O Diario... Máis información
- Miranda mantén un encontro coa cónsul de Brasil en Madrid, Vera Cintia Álvarez, quen se interesou polas políticas de apoio aos galegos e galegas do exterior da Xunta de Galicia 22.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Vera Cintia Álvarez, cónsul de Brasil en Madrid, quen, durante a súa visita a Santiago de Compostela, quixo analizar co responsable do departamento autonómico as políticas de apoio da Xunta de Galicia aos galegos e galegas do exterior. A diplomática e o secretario xeral... Máis información
- Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta co Camiño 22.06.2023 audio A iniciativa destínase a persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo. As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” documenta as accións filantrópicas dos indianos mariñaos 22.06.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en... Máis información
- Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega 21.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, no día de hoxe, unha reunión con Ana Maria Pérez e Rosa Prieto, representantes da xunta directiva da Sociedad Española de... Máis información
- Emigración renova a colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración das e dos bolseiros BEME 20.06.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.... Máis información
- Emigración apoia o compromiso do Festival Internacional Rebulir 2023 co recoñecemento ás accións culturais das entidades galegas do exterior 20.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladoulle ao director do Festival Internacional Rebulir 2023, Alexandre Sotelino Losada, o apoio do departamento autonómico a este evento que, como cada ano, desenvolverase no concello de Ramirás, en Ourense, polo recoñecemento que realiza ás accións culturais das entidades galegas... Máis información
- A Xunta salienta os lazos de amizade secular co Uruguai e aposta por reforzar a colaboración en eidos estratéxicos 19.06.2023 audio O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu á celebración da Festa Nacional organizada polo Consulado Xeral do Uruguai en Compostela. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na celebración da Festa Nacional do Uruguai, onde destacou os lazos de... Máis información
Páxinas |









