Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega

O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galega.

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, no día de hoxe, unha reunión con Ana Maria Pérez e Rosa Prieto, representantes da xunta directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá, na que o responsable autonómico agradeceu o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega residente neste país centroamericano.

Durante a reunión, Rodríguez Miranda tamén se interesou pola situación da comunidade galega en Panamá, que ascende a 4.093 persoas (das 15.829 cidadás e cidadáns españois que residen neste país).

A Sociedad Española de Beneficencia naceu en 1885 co obxectivo de axudar ás e aos españois mais necesitados. Co paso dos anos foi transformándose e na actualidade os seis principais obxectivos son fomentar a unión entre cidadás e cidadáns españois e residentes en Panamá, estreitar lazos de amizade e promocionar a cultura española, e por tanto tamén a galega, en Panamá.

319 lecturas