Novas
Buscador
- Miranda e Alén asisten á homenaxe a José Antonio Viñas no Festival Internacional Caravan, destacando a súa figura como colaborador esencial na divulgación da cultura galega no eido da emigración 18.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron na tarde de onte aos actos en homenaxe a José Antonio Viñas, fundador da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que se desenvolveron no IGF Caravan Festival Internacional 2023 en O Pereiro de Aguiar. Miranda destacou a súa... Máis información
- Emigración publica unha selección das fotografías do acto de entrega dos diplomas ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da 6ª edición das BEME 18.06.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante o acto de entrega dos diplomas da concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da sexta promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-BEME. O acto celebrouse o pasado 13 de xuño no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, presidido polo... Máis información
- Emigración homenaxea aos alumnos e alumnas das seis promocións das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME, cun vídeo no que agradece a súa aposta por Galicia 17.06.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo homenaxe a todos os bolseiros e bolseiras das seis promocións das Bolsas Excelencia Xuventude Exterior-BEME, co que quere agradecer a súa aposta por formar parte da sociedade galega e apostar así, en moitos casos, polo retorno definitivo. O acto entrega de diplomas ás e aos beneficiarios das... Máis información
- Miranda e o directivo do Centro Galego de Lucerna, Carlos Canosa, analizan a actividade desta entidade na promoción da cultura galega en Suíza 16.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, expresidente e actual directivo do Centro Galego de Lucerna, con quen analizou as iniciativas que se están a desenvolver ao longo deste ano neste centro galego de Suíza, así como as iniciativas que teñen previsto levar a cabo ao longo do resto do... Máis información
- Emigración colabora coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba con 65.000€ para o mantemento da Oficina social de información e asesoramento da Habana 15.06.2023 audio Esta axuda ten como obxectivo reforzar o funcionamento desta oficina que permite axilizar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e coordinar o resto de puntos de asesoramento situados noutras provincias cubanas. A Secretaría Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 65.000 euros para a... Máis información
- Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia 14.06.2023 audio Este programa ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío entre os meses de xullo e agosto, e as e os participantes realizarán actividades de ocio e deporte, visitas culturais e tamén coñecerán empresas galegas punteiras. A Secretaría Xeral... Máis información
- Rueda avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior 13.06.2023 audio Salienta as vantaxes dunha nova modalidade de FP Dual a distancia que permitirá facer parte da formación no país de orixe. Anima ás novas xeracións de galegos no exterior a quedar na terra dos avós: “Aquí tedes un futuro e vós sodes unha parte moi importante dese futuro”, subliñou. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o Goberno galego... Máis información
- Miranda salienta na Habana que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior” 12.06.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Emigración mantén a súa colaboración con entidades galegas do Uruguai para a atención social a galegos e galegas con dificultades vitais 11.06.2023 audio Destínanse un total de 105.000 euros para a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo e para o Hogar Español. Estas aportacións ecónomicas teñen como obxectivo facilitar a prestación de asistencia á colectividade galega residente neste país con dependencia, avanzada idade ou baixos ingresos económicos. A Secretaría Xeral da... Máis información
- Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador 10.06.2023 audio Destaca a consolidación de cinco novas prazas de persoal investigador, a Estratexia RIS3 de Galicia e o futuro decreto das carreiras investigadoras como ferramentas para facer da Comunidade un referente no eido da ciencia. Salienta os bos resultados en materia investigadora en Galicia, pero anima “a non conformarse” e a “seguir medrando” para... Máis información
Páxinas |









