Miranda coñece a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo que permite mellorar a atención aos galegos e galegas desta localidade alemá

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á ACG de Hamburgo
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á ACG de Hamburgo
Listen to this page using ReadSpeaker
Hamburgo (Alemaña), 23 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou no día de hoxe a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo, que cambiou de localización co obxectivo de mellorar a atención aos galegos e galegas residentes nesta localidade alemá. Nestes intres, o novo local ten moi avanzadas as obras de reforma.

Miranda cumpriu así coa promesa que realizou a este colectivo fai uns meses, durante a reunión que mantivo coas entidades galegas en Alemaña, na que lles trasladou as novidades relativas á Estratexia Galicia Retorna, así como o centenar de iniciativas que se recollen na mesma para facilitar o regreso das e dos galegos do exterior a Galicia ata 2026. A nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo atópase en Stresemannstrasse 375.

454 lecturas