Novas
Buscador
- O DOG publica o inicio dos trámites para a rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos, en Santiago, que suporá un investimento autonómico de 1,8 M€ 06.10.2021 audio Trátase de desenvolver as actuacións necesarias para executar as obras de restauración, mellora da envolvente térmica e distribución interior do edificio que alberga a oficina de Turismo da Xunta e a Secretaría Xeral da Emigración. O departamento que dirixe Ethel Vázquez prevé a licitación desta actuación de recuperación do patrimonio da Xunta... Máis información
- Emigración e a USC dan a benvida aos novos alumnos e alumnas das bolsas BEME que estudarán un mestrado no Campus de Santiago de Compostela 05.10.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o reitor da Universidade, Antonio López Díaz, saudaron aos 56 galegos e galegas do exterior que obtiveron a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior para cursar un mestrado nas facultades do Campus de Santiago nun acto de benvida que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación. En... Máis información
- As e os galegos retornados desempregados poden optar ás axudas para cursar mestrados oficiais que oferta a Xunta de Galicia 04.10.2021 audio A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 120.000 euros a estas axudas. A Xunta vén de publicar a convocatoria das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico... Máis información
- O restaurante da Casa de Galicia en Valladolid anima a veciñas e veciños e visitantes a facer o Camiño de Santiago 04.10.2021 audio As traballadoras e traballadores do restaurante co que conta a Casa de Galicia en Valladolid dispoñen xa do material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que ten como obxectivo animar a veciñas e veciños e visitantes a percorrer o Camiño de Santiago. Este material de traballo permite difundir estes dous anos de Xacobeo entre as e os veciños,... Máis información
- Emigración publica unha selección das fotografías do programa “Conecta co Xacobeo” 03.10.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección de fotografías realizadas ao longo da semana do 19 ao 25 de setembro na que se desenvolveu o programa “Conecta co Xacobeo”. En dous grupos, as e os cen participantes, vinculados aos centros galegos de España e Europa, percorreron máis de cen quilómetros dos Camiños Portugués e da Vía da... Máis información
- Miranda recibe á presidenta da Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía (Brasil) 02.10.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas á presidenta da Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía, en Brasil, Tina Leiro, con quen analizou a súa participación no Día da Galicia Exterior de 2022. Tina Leiro trasladoulle a Rodríguez Miranda o gran interese que ten a súa... Máis información
- Emigración informa sobre como as e os emigrantes retornados poden obter o subsidio de desemprego 01.10.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión, facilítase a da tramitación do subsidio de desemprego. Neste novo vídeo explícase como e onde se pode xestionar esta posibilidade, sempre e cando a persoa retornada... Máis información
- Emigración e a USC dan a benvida ás e aos novos alumnos das bolsas BEME que estudarán un mestrado no Campus de Lugo 30.09.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do Campus de Lugo, Monserrat Valcárcel, saudaron aos 20 galegos e galegas do exterior que obtiveron a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior nas facultades lucenses nun acto de benvida que tivo lugar na Facultade de Humanidades. En total, 200 mozas e mozos galegos... Máis información
- Miranda participa na presentación da plataforma networking Ronsel que permitirá unir sinerxías entre emprendedoras e emprendedores 29.09.2021 audio Nesta iniciativa, que conforma un ágora comercial, estarán incluídas e incluídos as e os emprendedores galegos retornados do programa Merlo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na presentación da nova Plataforma Networking da Fundación Ronsel que permitirá unir sinerxías entre iniciativas de novos... Máis información
- A Xunta destina 450.000 euros a programas de entidades sociais para axudar a mulleres vulnerables 28.09.2021 audio Esta axuda inclúese dentro da Estratexia Galicia Retorna e tamén ten como obxectivo a loita contra a violencia de xénero. Os programas centraranse en cuestións coma o acollemento, a atención e asesoramento, a formación, a conciliación ou o tratamento da saúde de mulleres. O Diario Oficial de Galicia publicou onte, 27 de setembro, a convocatoria... Máis información
Páxinas |









