Miranda participa na presentación da plataforma networking Ronsel que permitirá unir sinerxías entre emprendedoras e emprendedores

Nesta iniciativa, que conforma un ágora comercial, estarán incluídas e incluídos as e os emprendedores galegos retornados do programa Merlo.

O secretario xeral da Emigración, durante a presentación desta tarde
O secretario xeral da Emigración, durante a presentación desta tarde
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na presentación da nova Plataforma Networking da Fundación Ronsel que permitirá unir sinerxías entre iniciativas de novos emprendedores e emprendedoras. 

De feito, formarán parte da plataforma as emprendedoras e emprendedores galegos retornados que están a ser mentorizados a través do programa Merlo de Ronsel. 

Así, poderán atopar nesta plataforma servizos que poidan ser complementarios ás súas empresas. Ademais, as e os participantes poderán seguir charlas en directo sobre temas de actualidade, organizaranse obradoiros cos mentores e incorporarase información corporativa das e dos membros na plataforma a modo de expositor comercial.

Rodríguez Miranda animou ás emprendedoras e emprendedores retornados que formen parte deste programa a colaborar entre eles, recordando que deste xeito impúlsanse as iniciativas e, entre todas e todos, apóstase polo talento dos galegos e galegas que volven do exterior e deciden formar parte da sociedade e a economía galegas. 

373 lecturas