Miranda recibe á presidenta da Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía (Brasil)
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas á presidenta da Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía, en Brasil, Tina Leiro, con quen analizou a súa participación no Día da Galicia Exterior de 2022.
Tina Leiro trasladoulle a Rodríguez Miranda o gran interese que ten a súa entidade de participar nesta festa da galeguidade exterior ofrecendo as actuacións de baile e música tradicional das e dos seus compoñentes. Neste senso, o secretario xeral informoulle de que xa se está a traballar na organización dese evento de cara a establecer as futuras datas e así trasladalo a todas as entidades galegas do exterior.
EDACE é unha escola que conta, na actualidade, con máis de cen alumnas e alumnos de música tradicional, moitas e moitos deles, descendentes de galegas e galegos residentes no estado de Baía. Na actualidade residen en Brasil 49.593 cidadás e cidadáns galegos, dos que 11.059 naceron en Galicia.
Novas relacionadas




