Novas
Buscador
- O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas, valoradas en 2 millóns de euros, para o establecemento de familias galegas retornadas 25.01.2024 audio Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18 %, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. As persoas interesadas contan co acompañamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. O Goberno Galego ten en marcha a segunda edición da Estratexia Galicia... Máis información
- "Democracia, Arte y Camino" en Montevideo: Un camiño, un traxecto cultural entre Uruguai e Galicia 25.01.2024 audio O pasado 23 de xaneiro de 2024, as e os camiñantes de la Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago tiveron a oportunidade de visitar a exposición El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia. Esta mostra, inaugurada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e outras e... Máis información
- Rueda destaca que a Oficina móbil de atención a emigrantes permite achegar información e asesoramento sobre o retorno a calquera punto da comunidade 22.01.2024 audio Resalta que complementa as oficinas con sede física da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo. Salienta que o obxectivo é permitir que os cidadáns do rural que teñen dificultades para desprazarse á cidade tamén poidan beneficiarse deste servizo. Subliña o dereito de apoiar aos retornados para axudalos a integrarse e “sentirse a gusto na súa terra... Máis información
- A Xunta destina 1,35M€ para axudar co funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais 16.01.2024 audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e que se destinará a axudar... Máis información
- Emigración promociona o uso da lingua pola galeguidade no mundo cun novo curso en liña 14.01.2024 audio O curso está aberto a todas as persoas interesadas na lingua e cultura galegas, xa sexan principiantes ou con coñecementos previos. O curso comeza o martes 16 de xaneiro ás 20:00 horas a través do Facebook Live de GaliciaAberta con importantes novidades e a participación de relevantes personalidades da cultura galega. A Secretaría Xeral da... Máis información
- A Xunta continúa un ano máis a facilitar acceso á información dos galegos e galegas do exterior que buscan ás e aos seus antepasados 13.01.2024 audio Durante o 2023 máis de 7.000 galegas e galegos obtiveron documentación sobre a súa orixe familiar e realizáronse máis de 20.000 consultas en busca de información sobre as e os seus antepasados galegos. A Secretaría Xeral reforzará este ano a colaboración coas dioceses para seguir a dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento,... Máis información
- Miranda anima ás e aos galegos da República Dominicana a sumarse á iniciativa de recuperación do centro galego da capital deste país 10.01.2024 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse con Antonio Sánchez e Eduardo Pahino na sede do departamento do Goberno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos representantes do Centro Gallego da República Dominicana, Antonio Sánchez e Eduardo Pahíno, e animou aos galegos e galegas da República Dominicana a... Máis información
- Emigración abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para mozas e mozos galegos residentes no exterior 09.01.2024 audio As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan en 500 euros, ata acadar bolsas de entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia da persoa beneficiaria. A Secretaría Xeral da Emigración destinará máis de 2,5 millóns a esta medida, incluída na Estratexia Retorna 2023-2026 e... Máis información
- A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, supera o medio millón de usuarios e usuarias e as 1.532.000 páxinas vistas en 2023 06.01.2024 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado un 83% máis de visitas que en 2.022, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e as convocatorias de axudas e programas. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 8.000 novas e novos internautas en todo o mundo, superando os 57.000... Máis información
- A Consellería de Emprego e a Secretaría Xeral da Emigración mantiveron unha reunión para impulsar os programas de acceso ao emprego das e dos galegos retornados 05.01.2024 audio Ao longo da reunión analizaron os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea. Outro dos puntos focais da reunión foi o programa 'Retorna Cualifica Emprego', que terá a súa continuidade no ano 2024. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría... Máis información
Páxinas |









