A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, supera o medio millón de usuarios e usuarias e as 1.532.000 páxinas vistas en 2023

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado un 83% máis de visitas que en 2.022, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e as convocatorias de axudas e programas.

As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 8.000 novas e novos internautas en todo o mundo, superando os 57.000 seguidores e seguidoras nas principais redes, un 14,22% máis que o pasado ano.

  • GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal
    GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal
  • GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal
    GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2024.

GaliciaAberta, o portal web da Secretaría Xeral da Emigración, volveu incrementar o seu número de usuarias e usuarios durante o último ano, ata superar os 532.000, superando as 1.532.000 páxinas vistas. Así o amosan as estatísticas do exercicio que vén de rematar, no que as e os internautas realizaron algo máis de 75% de visitas máis á páxina emigracion.xunta.gal que no 2.022

Neste marco, cómpre salientar que os contidos máis visitados dentro de GaliciaAberta volveron ser os relativos ao retorno, en especial, sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) así como as convocatorias de axudas e programas. Así mesmo, o Portal Retorna continuou a xerar importante fluxo de visitantes, aportando ás galegas e galegos do exterior e ás e aos seus descendentes unha atención 24 horas na procura de facilitar a volta á casa. 

Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, EE.UU., Cuba, México, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Colombia, Francia e Chile son os  países do exterior desde os que máis visitas se realizaron ao portal GaliciaAberta.

Redes sociais
En canto ás principais redes sociais nas que a Secretaría Xeral da Emigración conta cunha páxina activa para divulgar os seus programas e as fases das diferentes convocatorias, así como para promover as diferentes accións que tanto o Goberno galego como a propia colectividade galega no exterior leva a cabo para difundir a cultura, a lingua e a tradición galegas, tamén experimentaron un crecemento durante 2023. As contas de GaliciaAberta en Facebook, X (antes coñecido como Twitter) e Instagram superan xa os 57.000 seguidores e seguidoras. 

Destaca o caso de Instagram, onde os datos apuntan a un incremento de seguidoras e seguidores de máis do 34% acadando os 21.364, e que, xunto con Facebook, conta cun público obxectivo cunha idade media entre os 25 e os 45 anos, que son o público obxectivo ao que vai especialmente dirixida a Estratexia Galicia Retorna da Xunta.

GaliciaAberta chega ata os 29.944 seguidores e seguidoras en Facebook, aumentando preto dun 4.93% con respecto a 2022, e X supera os e as 6.000, cun incremento interanual superior ao 3,58%.

434 lecturas