"Democracia, Arte y Camino" en Montevideo: Un camiño, un traxecto cultural entre Uruguai e Galicia
O pasado 23 de xaneiro de 2024, as e os camiñantes de la Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago tiveron a oportunidade de visitar a exposición El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia.
Esta mostra, inaugurada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e outras e outros dignatarios, está situada na sede do Poder Lexislativo da República Oriental do Uruguai. A exposición celebra a rica historia e a evolución da autonomía galega, ademais de destacar a forte conexión entre Galicia e Uruguai. A mostra inclúe paneis informativos, vídeos e documentación histórica, ofrecendo unha vista profunda do legado cultural e político de Galicia.
Esta visita foi punto de inicio da andaina que finalizou na Peatonal Sarandí.
Novas relacionadas