Novas
Buscador
-
O Incio rende unha homenaxe aos emigrantes cunha escultura de Álvaro Pereiro
25.05.2011
audio
Un mural realizado en granito silvestre rende homenaxe na nova praza pública da casa do concello do Incio a todas as persoas que viviron a experiencia da emigración. A obra é da autoría do escultor deste municipio Álvaro Pereiro, quen dedicou cinco meses de traballo a dar forma a esta peza, de 2,5 metros de longo e 1,5 de altura. Segundo... Máis información
-
"Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias"
25.05.2011
audio
Poderá realizalo todo aquel titulado ou titulada universitaria de calquera país. A Universidade de Vigo, xunto coa Católica Portuguesa, organiza un "Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias". Trátase dun Máster on-line académico que faculta a unha ulterior Tese de Doutoramento Europeo, a prezos públicos. O responsable na... Máis información
-
O escritor galego Domingo Villar, finalista do premio Dagger
24.05.2011
audio
Trátase dun dos máis prestixiosos galardóns internacionais de novela negra. A praia dos afogados, do escritor vigués Domingo Villar, encóntrase entre as sete finalistas do CWA International Dagger Prize 2011, galardón que concede a asociación anglosaxona de escritores de novela negra á mellor obra internacional do ano. Os outros finalistas son os... Máis información
-
Inaugurado en Rosario (Arxentina) o ciclo "Cinemas de Galicia"
24.05.2011
audio
O Delegado da Xunta salientou este luns que os sete filmes levarán a imaxe da Galicia actual pola xeografía arxentina. A Decana da Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional de Rosario apuntou que a iniciativa “fomenta o multiculturalismo”. Trátase dunha actividade itinerante organizada polo Consorcio Audiovisual en colaboración coa... Máis información
-
Emigración posibilita a participacion de corenta descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campos de traballo deste ano
23.05.2011
audio
Na convocatoria deste 2011, recolléronse máis de 170 solicitudes para esas prazas. A Secretaría Xeral da Emigración ven de realizar o sorteo das prazas que corresponden a fillos e fillas e netos e netas de emigrantes galegos e galegas no exterior nos Campos de Traballo que organiza a Consellería de Traballo e Benestar. A listaxe completa pode... Máis información
-
Medio Rural súmase á celebración do Día Europeo dos Parques Naturais con actos nos diferentes espazos galegos protexidos
23.05.2011
audio
Cada 24 de maio conmemórase a Declaración de Suecia pola que se crearon os primeiros parques nacionais do Vello Continente. As actividades organizadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza están orientadas aos máis pequenos, para darlles a coñecer a riqueza do noso patrimonio natural e conciencialos sobre a importancia da súa protección... Máis información
-
O Liceo volve reinar en Europa
23.05.2011
audio
O equipo coruñés fíxose este sábado coa súa quinta Euroliga de hóckey nun partido que comezou perdendo contra o Reus pero no que rematou impoñéndose claramente. O Coinasa Liceo é o novo Campión de Europa tras vencer por 7-4 ao Reus nunha final apaixonante na que os tarraconenses chegaron a ter un 0-3 a favor, pero que souberon remontar os rapaces... Máis información
-
Igualdade abre a convocatoria de axudas para centros e recursos integrais para mulleres, dotada con máis de 900.000 euros
20.05.2011
audio
As axudas destínanse ao mantemento dos programas que acollen a mulleres, ao desenvolvemento de recursos especializados para mulleres en risco de exclusión e aos programas específicos de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes. As entidades poderán percibir subvencións por un máximo de dous programas presentados e o importe máximo que percibirá... Máis información
-
A Xunta amosa o seu apoio ao Club de Fútbol Feminino El Olivo de Vigo, que acaba de ascender á Superliga.
19.05.2011
audio
O Secretario Xeral para o Deporte e a delegada da Xunta en Vigo felicitaron ás xogadoras e a outros membros do club porque, co seu triunfo, é a primeira vez que Galicia conta cun equipo na máxima categoría do fútbol feminino. Lete Lasa destacou que o Goberno galego aumentou nun 32% as axudas dirixidas aos clubs deportivos que, por primeira vez,... Máis información
-
A Xunta de Galicia e a aeroliña Easyjet presentaron o novo voo directo Santiago-Xenebra, que rerforza a conectividade aérea de Galicia co centro de Europa
19.05.2011
audio
A directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita, salienta a importancia desta nova conexión para o turismo de reunións e para o de estancias curtas. O novo enlace, que contará con dúas frecuencias semanais e tres nos meses de xullo e agosto, comezaou a operar o pasado domingo, 15 de maio. A Directora Xerente de Turgalicia, dependente da... Máis información
Páxinas |