Novas
Buscador
-
Alumnos e alumnas de Ponteareas, Santiago e Baiona, gañadores da primeira edición do concurso “Un mundo de cor”
10.06.2011
audio
O vindeiro día 20 terá lugar a entrega de premios dunha iniciativa á que se presentaron mais de 300 traballos. A web www.galiciaaberta.com publica hoxe a listaxe de gañadores e gañadoras do concurso Un mundo de cor na súa primeira edición. O gañador da Primeira Categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria) foi Iván Vázquez, do Colexio Santiago... Máis información
-
Roberto Varela invita aos galegos e galegas a “que se deixen encantar” cos poemas de Álvaro Cunqueiro a través da música e da voz de Amancio Prada
10.06.2011
audio
O conselleiro de Cultura e Turismo presenta o concerto Camelias para Cunqueiro, que supón “un feliz punto de encontro entre dúas efemérides fundamentais para Galicia, o Ano Cunqueiro e o Ano da Música”. Para Roberto Varela, “a unión dos fermosos versos de Cunqueiro e o talento e a sensibilidade de Amancio Prada producen un resultado cheo de... Máis información
-
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA NO DIA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS
08.06.2011
audio
“O mar como elemento de unión e futuro”. Galicia e o océano manteñen desde hai séculos unha relación directa que fai que a nosa terra e a sociedade que nela se desenvolve dispoñan sobre o mar boa parte das súas actividades, e que buscaran sobre el o futuro e o porvir da súa vida. Grazas a esta relación, Galicia ten os seus límites máis alá de... Máis información
-
Feijóo: “A Autonomía é a casa común dos galegos. O Galeguismo xa non é unha construción teórica, senón que se asocia coa nosa vontade democrática”
08.06.2011
audio
O titular da Xunta preside en Santiago a entrega das Medallas de Ouro do Consello Consultivo de Galicia aos primeiros integrantes desta institución. Destaca que a autonomía permite aos galegos “ser como queren ser, e gobernarse como queren ser gobernados”. Sinala que os países se fan con leis, institucións e estatutos, “pero sobre todo cun... Máis información
-
Sete mozos e mozas descendentes de galegos e galegas presentan a asociación "Me Mola JGU" en Uruguai
07.06.2011
audio
A entidade conta co respaldo da Xunta de Galicia no país. A Asociación Me Mola JGU foi presentada o pasado 30 de maio en Montevideo co obxectivo de agrupar aos e ás descendentes da emigración galega menores de trinta anos. Me Mola JGU foi creada en xaneiro de 2011 cando sete mozos e mozas descendentes de galegos residentes en Uruguai definiron a... Máis información
-
Publicadas as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas no programa de "Escolas Abertas" de Emigración para este verán
07.06.2011
audio
Os beneficiarios serán un centenar de cidadáns e cidadás residentes no exterior, que accederán a formación de graos intermedio e avanzado en diversas especialidades. Na web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.com pódense consultar as listaxes completas de admitidos, admitidas, excluídos e excluídas do programa de ‘Escolas Abertas... Máis información
-
Emigración recibe máis de 300 traballos presentados ao primeiro concurso escolar “Un mundo de cor”
06.06.2011
audio
O obxectivo da iniciativa, cuxo éxito desbordou calquera previsión, é sensibilizar aos máis cativos na diversidade sociocultural. Ao longo desta semana coñeceranse os gañadores da primeira edición do concurso escolar Un mundo de cor, iniciativa cuxo obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, dos centros... Máis información
-
Comeza en Santiago un novo curso acreditativo de formación para inmigrantes
06.06.2011
audio
O Subdirector Xeral da Inmigración, Antonio Aguarón, presidiu esta mañá a inauguración dun novo curso formativo –neste caso de fontanería- para estranxeiros residentes en Compostela e comarca, curso que se engloba nas actividades desenvolvidas pola Xunta de Galicia para a integración social e laboral deste colectivo. Trátase dunha iniciativa... Máis información
-
Malpica celebra un encontro de emigrantes galegos retornados
06.06.2011
audio
O próximo 12 de xuño terá lugar no restaurante Aldeola de Cerqueda de Malpica un encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza. Esta iniciativa é a segunda vez que se produce, xa que o ano pasado se logrou reunir unhas 250 persoas na súa primeira edición. Debido ao éxito obtido, os organizadores quixeron ampliar este ano o espazo e... Máis información
-
A Xunta necesita que o estado lle transfira os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación para garantir o cumprimento da estabilidade orzamentaria
03.06.2011
audio
O Goberno galego está a facer os seus deberes e reitera o seu compromiso coa estabilidade orzamentaria e a redución do déficit. O incumprimento do sistema de financiamento autonómico pode pór en risco os obxectivos de 2011. Galicia, xunto con Madrid, foi a única comunidade que xa cumpriu en 2009 e 2010 co obxectivo de estabilidade orzamentaria.... Máis información
Páxinas |