Sete mozos e mozas descendentes de galegos e galegas presentan a asociación "Me Mola JGU" en Uruguai

A entidade conta co respaldo da Xunta de Galicia no país.

Listen to this page using ReadSpeaker
7 de xuño de 2011.

A Asociación Me Mola JGU foi presentada o pasado 30 de maio en Montevideo co obxectivo de agrupar aos e ás descendentes da emigración galega menores de trinta anos.

Me Mola JGU foi creada en xaneiro de 2011 cando sete mozos e mozas descendentes de galegos residentes en Uruguai definiron a esta agrupación que pretende manter un núcleo de amizade". Os integrantes da asociación explicaron que "terá relación directa co delegado da Xunta de Galicia en Uruguai, Manuel Barros,".

Tamén, procurarán captar PEMES para a exportación e importación de produtos galegos e vinculalos con axentes do mercado uruguaio-galego. Aseguraron que "somos optimistas en que as áreas poidan lograr os seus obxectivos e reconfigurar a nomenclatura da Colectividade".

Os integrantes de Me Mola JGU anunciaron que a súa presentación social será o próximo venres 24 de xuño no Polideportivo do Centro Gallego de Montevideo ás nove da noite para festexar o día de San Xoán.

A festa terá diferentes escenarios ao aire libre e pechados, con música electrónica, fogos artificiais e algunhas bandas en vivo: Guestia, Os Trapalleiros, Os William, e Lúa Celta. Tamén se servirán comidas típicas galegas e crioulas, ademais de realizar a tradicional queimada.

A entrada á festa é gratuíta e con invitación, a cal poderán retirar en calquera das institucións galegas de Montevideo.

1531 lecturas