Novas
Buscador
-
A opereta galega «A Berenguela» será representada no Teatro Nacional Cervantes de Bos Aires
28.06.2011
audio
A obra está inspirada nun texto de Manuel María e será interpretada pola actriz galego-arxentina, María Inés Cuadrado. A opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes "La Berenguela" será representada durante o próximo xullo no Teatro Nacional Cervantes de Bos Aires. Esta obra galega sobre un texto de Manuel María e con música de Nani García... Máis información
-
Emigración destina 400.000 euros a subvencións para proxectos de integración desenvolvidos por entidades sociais
27.06.2011
audio
Das 83 entidades que optaban, a metade percibirán axuda. A Secretaría Xeral da Emigración destina este ano 400.000 euros a subvencións a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos destinados a favorecer procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma. Dos 156 proxectos presentados á... Máis información
-
Camba inaugura a mostra “Galicia somos todos” na Fundación Rodríguez Iglesias da Coruña
27.06.2011
audio
A mostra fotográfica reflicte as vivencias de 22 inmigrantes na nosa terra. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, inaugurou o pasado venres na Fundación Rodríguez Iglesias da Coruña a exposición Galicia somos todos, nun acto no que estivo acompañado polo novo concelleiro local de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo Torres, e o presidente... Máis información
-
Roberto Varela destaca que Rock in Way permitirá a “bandas galegas cun enorme futuro compartir cartel con artistas consagrados” como The Offspring, Toy Dolls ou Rinôçerôse
25.06.2011
audio
O festival Rock in Way Estrella Galicia desenvolverase en Santiago os días 9 e 10 de setembro. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, achegará “vinte grupos diferentes, dous escenarios e unha atractiva oferta complementaria de actividades lúdicas” ao Monte do Gozo, “un dos lugares máis emblemáticos do fenómeno xacobeo”. Os americanos The... Máis información
-
O Goberno galego manterá as bolsas de estudos para estudantes da diáspora
24.06.2011
audio
A Secretaría Xeral da Emigración pasa a asumir o financiamento do programa, ata o de agora compartido con outros departamentos autonómicos. O Consello da Xunta acordou autorizar a adquisición de compromisos de gasto plurianual, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, para facer fronte ao programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos no... Máis información
-
Circulares informativas sobre os programas de Campamentos e Campos de traballo 2011 para a mocidade galega do exterior.
24.06.2011
audio
Documentación informativa de interese para descargar destinada aos seleccionados e seleccionadas para participar nos programas que se desenvolverán ao longo do verán de 2011. Programa de Campamentos Circular informativa 1ª quenda, 1 a 12 de xullo, (picar aquí para descargar) Circular informativa 2ª quenda, 17 a 28 de xullo (picar aquí... Máis información
-
Chegan a Galicia as máis de duascentas persoas participantes no programa “Reencontros na Casa 2011”
22.06.2011
audio
A emigrante con máis idade, procedente de Arxentina, ten 98 anos. As 218 persoas participantes da edición deste ano do senlleiro programa “Reencontros na Casa”, posto en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, comezaron chegar hoxe mércores ao aeroporto de Lavacolla. Pasada a unha da tarde, aterraba o voo IB 554 cos 76 primeiros, procedentes... Máis información
-
"A ópera dos tres reás" estréase en Santiago como o primeiro gran espectáculo musical do Centro Dramático Galego
22.06.2011
audio
O Auditorio de Galicia acolle do 23 ao 26 de xuño as primeiras catro funcións da montaxe, que percorrerá ata outubro outros 11 escenarios dentro e fóra de Galicia. O Conselleiro de Cultura presentou onte a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que protagoniza Luis Tosar no seu regreso ao CDG despois de 15 anos. Roberto Varela... Máis información
-
O Sergas colabora coas asociacións Ledicia Cativa e Inmigrantes Senegaleses de Ourense para a asistencia sanitaria a menores que acoden a Galicia en verán en programas de acollemento
21.06.2011
audio
Pilar Farjas asinou na mañá de onte cadanseus convenios cos presidentes destas entidades, Juan Conde González e Ibrahima Diouf. Beneficiaranse deste programa 77 rapaces e rapazas procedentes de distintas rexións da Federación Rusa e 9 nenos senegaleses. A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asinou onte cadanseus convenios coas... Máis información
-
Camba entregou no Mupega os premios aos rapaces e rapazas gañadores da primeira edición do concurso "Un mundo de cor"
20.06.2011
audio
Presentáronse máis de 300 traballos procedentes de 23 centros escolares. Tódolos gañadores recibiron cadanseu lote de libros e regalos adaptados á súa idade. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, entregou está mañá no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) os nove premios correspondentes á primeira edición do concurso Un mundo de cor.... Máis información
Páxinas |