Novas
Buscador
- A Estrada ilusiónase coa festa intercultural da emigración 18.10.2011 audio A vila acolleu degustacións e música doutros países, talleres e actividades. A Estrada reeditou este domingo a exitosa experiencia que se puxo en marcha o pasado ano cunha festa intercultural dedicada á emigración na que cabían actividades de todo tipo, degustacións, talleres, música, folclore e exposición e venda de produtos típicos doutros... Máis información
- Entidades de iniciativa social reciben 916.000 euros da Secretaría da Igualdade para programas de apoio a mulleres en situacións de vulnerabilidade 18.10.2011 audio Esta partida supón un incremento do 6,1% sobre a de 2010. Son beneficiarias das axudas un total de 50 asociacións, ONGs e outras entidades sen ánimo de lucro que ofrecen asistencia básica e programas de apoio a mulleres en risco de exclusión. Como novidade, Igualdade abonará un anticipo do 80% do importe das axudas, en atención ás especiais... Máis información
- A escola de Caamouco celebra o seu centenario 17.10.2011 audio A Agrupación Instrutiva de Redes organizou un programa de actividades festivas durante todo o mes. Un grupo de emigrantes de Caamouco residentes en Cuba fundaron no ano 1912 unha sociedade co obxectivo de impulsar a educación no rural galego de onde procedían. Un ano máis tarde, grazas aos fondos que estes e estas emigrantes enviaban dende... Máis información
- Emigración destina máis de 300.000 euros a subvencionar ONGDs para a formación laboral de inmigrantes 16.10.2011 audio A estas subvencións cómpre engadir os 400.000 euros que a Secretaría Xeral destina, tamén a ONGDs, para accións de acollida, integración e asesoramento legal deste mesmo colectivo. Un total de quince organizacións recibirán entre 3.360 e 115.680 euros de subvención para os seus cursos. A Secretaría Xeral da Emigración ven de facer pública a... Máis información
- O portal da Xunta evoluciona para facilitar e axilizar o acceso da cidadanía á información e aos novos servizos electrónicos 15.10.2011 audio Tras a aprobación o pasado xoves do Decreto que regula a presenza da Administración autonómica en Internet. Elévase ao menú principal o espazo e! como sección que aglutina os servizos de eAdministración da Xunta. Mellórase a presenza de ligazóns aos portais das diferentes consellerías organizadas por áreas temáticas, ou palabras significativas... Máis información
- O Centro Galicia de Buenos Aires e o Concello de Tui, premios Entreculturas 13.10.2011 audio O Centro Galicia de Buenos Aires e o Concello de Tui recibiron este ano os premios Entreculturas que, desde o 2004, entrega a Deputación Provincial de Pontevedra con motivo do día da Hispanidade para conmemorar o encontro de culturas e civilizacións que supuxo a chegada de Cristóbal Colón ás Indias en 1492. Nesta ocasión, o encargado de presidir... Máis información
- Emigración e Consumo achegan aos e ás inmigrantes formación para solventar os seus conflitos de consumo 13.10.2011 audio Os cursos tratan de abordar aspectos prácticos, como o aforro na tarifa eléctrica, os teléfonos de tarificación adicional, ou os procedementos para formular unha reclamación. Pediuse aos formadores e formadoras que sirvan de intermediarios coas persoas extracomunitarias coa fin de desenvolver accións que respondan ás necesidades reais desta... Máis información
- A Casa de Galicia de Bos Aires celebra o seu 78º aniversario 12.10.2011 audio A Casa Galicia de Bos Aires celebrou o seu 78º aniversario na súa sede do barrio porteño de Monserrat. A conmemoración tivo lugar o pasado día dous e congregou máis de 200 persoas socias e amigas. Durante a celebración, Evelyn Panelli Ouzande foi elixida raíña da institución para o período 2011-2012. O presidente da Asociación, Manuel Eiranova,... Máis información
- Presentado o adianto das conclusións do encontro intercontinental “Opción + Futuro”, no que participa Galicia 10.10.2011 audio Na iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea, participan persoal técnico e asociacións de cinco países de fala galaico portuguesa, entre elas a galega Ecos do Sur. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, salientou a importancia deste tipo de intercambios para coñecer en profundidade o fenómeno migratorio actual. O secretario xeral da... Máis información
- "Estou extremadamente orgulloso de ser galego" 10.10.2011 audio "Adoro a independencia que respira Galicia e que desprenden os galegos", asegura Martin Sheen. De pai galego e bautizado como Ramón Antonio Gerardo Estévez, Martin Sheen naceu en Ohio (Estados Unidos) en 1940. Alcanzou a popularidade polo seu papel do capitán Willard na película Apocalypse Now (1979). En televisión encarnou o presidente de Estados... Máis información
Páxinas |









