Novas
Buscador
- Foliada galega en Bonn 05.04.2012 audio A pasada fin de semana, o Club Galicia de Bonn e.V. celebrou con grande éxito a "Foliada de Primavera". Para iso contou coa participación de varias e varios membros do grupo Follas Novas de Frankfurt, do grupo belga Contrabanda, de antigos e antigas integrantes do centro galego O Lar de Castelao, do mesmo centro organizador, etc... A Foliada... Máis información
- Feijóo analiza co embaixador da República do Uruguai a posibilidade de estreitar relacións económicas con este país a través de sectores clave como o naval, as enerxías renovables e as infraestruturas 04.04.2012 audio O presidente autonómico resalta a importancia do sector naval, un sector estratéxico para o país debido á necesidade de renovación da flota pesqueira e a súa situación de privilexio para abastecer as necesidades de construción naval. O responsable do Goberno galego reuniuse onte co embaixador da República do Uruguai en España, Carlos Pita, quen... Máis información
- "Hoxe tocar innovar", di Méndez Ferrín na presentación da nova páxina da Real Academia Galega 02.04.2012 audio Inclúe o novo Dicionario electrónico, con máis de 50.000 entradas e a posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras. O presidente valora a web como un paso adiante no proceso de modernización da institución e un salto cualitativo en canto a volume e organización de información sobre a Academia, as súas producións e arquivos. Con esta... Máis información
- A Consellería de Cultura e Educación acada un acordo co Goberno arxentino para celebrar en Galicia un encontro bilateral de industrias culturais 01.04.2012 audio A Cidade da Cultura acollerá a finais de xullo o PreMICA Europa, que se estruturará en roldas de negocio, conferencias e exhibicións artísticas a cargo de profesionais de Galicia a Arxentina, As empresas galegas do audiovisual, a edición, a escena, o deseño, a música e os videoxogos están convidadas a participar, co apoio institucional da Agadic,... Máis información
- A Xunta e a Fiscalía Superior renovan o protocolo de colaboración contra a trata de mulleres con fins de explotación sexual en Galicia 30.03.2012 audio A titular de Igualdade e o fiscal superior de Galicia asinaron este mércores a renovación do protocolo acordado en 2010, para adecualo ás últimas modificacións lexislativas e outorgar permanencia á colaboración. O obxectivo é asegurar unha actuación conxunta para favorecer a denuncia das vítimas, aplicando as garantías e os beneficios legais. As... Máis información
- Un lucense lidera un programa educativo para presos arxentinos 29.03.2012 audio Jesús Meilán, de Mós, funda unha ONG para educar en prisións. Nestes últimos anos unha decena de alumnos logrou rematar os seus estudos universitarios e outros moitos comprenderon que hai vida despois do cárcere. Jesús Meilán Gallego (San Xiao de Mos -Castro de Rei- 1956) tomou conciencia dende a súa máis tenra infancia dos... Máis información
- A Xunta publica no DOG unha convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior 27.03.2012 audio Están destinadas ás organizacións non gobernamentais e agrupacións de entidades e contan cun orzamento de 300.000 euros. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica na edición do Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria... Máis información
- A Xunta de Galicia organiza o curso ‘O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade’ 27.03.2012 audio A iniciativa, desenvolvida polas Consellerías de Cultura e Educación e Traballo e Benestar, vai destinada ao monitorado dos campamentos de verán e á mocidade en xeral. Xa está aberta a inscrición neste curso gratuíto de formación específica en dinamización lingüística no ámbito da xuventude, que terá lugar na fin de semana do 31 de marzo ao 1 de... Máis información
- A Xunta sufragará a asistencia básica a emigrantes galegos e galegas en Río de Xaneiro 25.03.2012 audio O secretario xeral da Emigración vén de asinar un convenio para asistencia a necesidades básicas da colectividade galega na cidade brasileira. Santiago Camba tamén rubricou outro acordo para axudar á reforma da Casa de Espanha, en boa parte derrubada por chuvias torrenciais. Camba recibiu en Sao Paulo o premio Marcial Mariñas, un dos galardóns... Máis información
- Cultura e Educación impulsa a dinamización do galego no ámbito das festas populares a través da campaña ‘Mil festas máis para a lingua galega’ 25.03.2012 audio A Secretaría xeral de Política Lingüística promove, en colaboración coa xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, esta iniciativa de dinamización social da lingua galega a través das festas patrimoniais. As ‘Mil festas máis para a lingua galega’ contan xa coas adhesións da RAG, a CRTVG e de máis de 30 concellos de... Máis información
Páxinas |









