Feijóo abre o diálogo con Repsol para poder participar na provisión de “buques de interese tecnolóxico e de importancia estratéxica de apoio ás plataformas petrolíferas”
O presidente da Xunta tamén se entrevistou coas principais autoridades políticas de São Paulo para establecer canles de cooperación en proxectos conxuntos.
Xunto ao vicepresidente da Federación de Industrias do Estado de São Paulo estuda diversas liñas de colaboración centradas eminentemente “no sector naval, pero tamén no sector das infraestruturas tanto viarias como ferroviarias, o sector da construción civil e nas outras dúas grandes industrias, tanto a téxtil como a agroalimentaria”.
Apunta o dobre obxectivo da Xunta asentado nas posibilidades de negocio que existen en Brasil, por unha banda “abrir o mercado brasileiro ás empresas galegas e tamén atraer investimentos de Brasil a Europa e España a través de Galicia”.
Recorda a apertura “dunha nova vía para o sector naval” e asevera “seguir traballando en outros sectores porque insistimos en que Brasil, é xunto con México, o gran país da internacionalización da economía galega”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou pola apertura de “novas vías de entendemento coas empresas brasileiras” que posibilitará a participación galega na construción de “buques de interese tecnolóxico e de importancia estratéxica de apoio as plataformas petrolíferas de Repsol Sinopec e Petrobras en Brasil”. Na súa visita a São Paulo, lembrou a importancia da reunión mantida coa directiva de Repsol Sinopec, “empresa que está xestionando xunto con Petrobras a maior parte dos recursos de gas e de petróleo deste gran país continental”, e logrou abrir vías de diálogo para poder participar na provisión de buques de apoio a plataformas petrolíferas.
Na capital financeira da sexta potencia económica mundial, o presidente mantivo unha xuntanza coa Federación de Industrias do Estado de São Paulo, “que agrupa 130.000 empresas”, co propósito de “intercambiar contidos, información e intereses entre empresas brasileiras e empresas galegas”. Feijóo fixou o dobre obxectivo da Xunta asentado nas posibilidades de negocio que existen en Brasil, por unha banda “abrir o mercado brasileiro ás empresas galegas e tamén atraer investimentos de Brasil a Europa e España a través de Galicia”.
A reunión de traballo, na que se entrevistou co vicepresidente da Federación de Industrias, serviu para estudar diversas liñas de colaboración centradas eminentemente “no sector naval, pero tamén no sector das infraestruturas tanto viarias como ferroviarias, o sector da construción civil e nas outras dúas grandes industrias, tanto a téxtil como a agroalimentaria”.
Segundo o xefe do executivo galego, a Xunta “seguirá traballando neste eido” xa que Brasil, xunto con México, son “os dous países obxectivo da internacionalización da economía galega”. Deste xeito, Feijóo recordou que “iremos a Bogotá para pechar esta xira na busca da externalización desde as plataformas que temos xunto aos empresarios”. “En São Paulo temos unha plataforma onde se fixeron xa máis de 200 intermediacións entre empresas galegas que están xa exportando e implantándose en Brasil”, engadiu.
Feijóo destacou asemade o encontro mantido no serán de hoxe co alcalde da cidade de São Paulo, Gilberto Kassab, e ao Gobernador do Estado de São Paulo, Gerarlo Alckmi, “as dúas máximas autoridades do estado máis importante desde o punto de vista económico, financeiro e industrial de todo Brasil”. “Un Estado que supón o paradigma do movemento económico deste gran país continental”, matizou.
O Presidente da Xunta e o alcalde de São Paulo acordaron traballar nun convenio en materia de turismo, polo que unha delegación da alcaldía de São Paulo viaxará a Galicia co obxecto de pechas o acordo nesta materia.
O responsable autonómico recalcou os compromisos cumpridos na súa viaxe a Sudamérica e citou como “a Federación de Industrias do Estado de Sao Paulo nos brindan a súa colaboración” polo que “posiblemente prepararemos un encontro internacional entre a Federación de Industrias do Estado de São Paulo e unha delegación de empresarios galegos nos próximos meses”. O titular da Xunta de Galicia lembrou a apertura “dunha nova vía para o sector naval con Repsol Sinopec e Petrobras” e aseverou “seguir traballando en outros sectores porque insistimos en que Brasil, é xunto con México, o gran país da internacionalización da economía galega”.
Novas relacionadas