Miranda reuniuse con Antonia Maria Estarellas, máxima mandataria do Govern balear en materia de emigración
O motivo da xuntanza foi poñer en común e analizar algunhas das liñas estratéxicas de cada departamento, e estudar as posibles fórmulas de colaboración entrambas administracións.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o subdirector xeral de Xestión Económica-Administrativa e do Retorno, Manuel Díaz López, e Ramón Brigos Fernández, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, mantiveron unha reunión de traballo esta mañá coa directora xeral de Cooperación e Inmigración do Govern balear, Antonia Maria Estarellas, que estivo acompañada do xefe de servizo da Área de Cooperación, Pedro Orfila.
O motivo da xuntanza foi poñer en común e analizar algunhas das liñas estratéxicas de cada departamento, e estudar as posibles fórmulas de colaboración entrambas administracións.
Novas relacionadas




