Novas
Buscador
- Feijóo pídelle aos emigrantes galegos e galegas “que se convertan nos representantes de Galicia en México” e que fomenten os intercambios comerciais entre ambos os dous territorios 16.03.2014 audio O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México. Lembra as posibilidades de importación cara ao país azteca de produtos galegos, fundamentalmente agroalimentarios. Destaca a excelente acollida de Galicia en México e a... Máis información
- Feijóo anima ás e aos empresarios galegos de México a que pensen en Galicia e fagan de “directores comerciais” da comunidade no país azteca 15.03.2014 audio O titular da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou este venres en México nun encontro empresarial sobre Oportunidades de investimento e internacionalización. “Pensen vostedes que poden facer un gran servizo ao seu país desde aquí”, subliña. “Cando vostedes teñan unha oportunidade de que é necesario... Máis información
- Feijóo destaca o cumprimento do acordo estratéxico con Pemex e a vontade da petroleira mexicana e de Galicia de seguir colaborando 14.03.2014 audio O presidente da Xunta reuniuse esta tarde con Emilio Lozoya, director xeral de Pemex. As relacións “entre Galicia, España e México son unhas relacións non soamente estreitas, senón cada vez máis intensas e máis satisfactorias”, sinala. Destaca o recoñecemento do pobo galego e do presidente da Xunta á petroleira mexicana “por ter satisfeito e por... Máis información
- Emigración fai pública a convocatoria para 2014 de obradoiros e seminarios en colaboración coas comunidades galegas 14.03.2014 audio Por primeiro ano, inclúense na convocatoria seminarios de cultura galega. Calcúlase en máis de 50.000 o número de alumnas e alumnos que ata o momento teñen recibido algunha formación impartida ao abeiro desta resolución anual. Nesta ocasión, impartiranse coa axuda da Xunta accións formativas en baile, gaita, percusión, pandeireta e canto,... Máis información
- Feijóo inicia este venres unha viaxe institucional a México e Panamá para seguir afondando nas oportunidades económicas e industriais que ambos os dous países ofrecen 13.03.2014 audio O presidente da Xunta, que estará acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, manterá diversos encontros institucionais e de carácter económico, e reunirase coa colectividade galega. Manter México como un aliado privilexiado e aproveitar as posibilidades de mercado que para ofrece Panamá diante do seu crecemento son os obxectivos... Máis información
- Miranda asinará este martes os convenios para mantemento do Fogar Galego para Anciáns de Domselaar e para o centro de día do Centro Galego de Mar del Plata 11.03.2014 audio Antes de aterrar na República Arxentina, o secretario xeral da Emigración participa este domingo na Gran Romaría organizada polo Centro Galego de Montevideo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita este domingo a capital da República Oriental do Uruguai, onde participará nunha das citas máis senlleiras da diáspora en... Máis información
- O Centro Galego de Lleida celebrou a súa Semana Cultural 2014 10.03.2014 audio Conferencias, obradoiros para as e os máis cativos, unha exposición de manualidades, degustacións culinarias, a presentación do último número da revista "Xurdimento", a Asemblea xeral ordinaria da entidade e o tradicional xantar de irmandade centraron a actividade desta cita imprescindible para as galegas e os galegos da capital ilerdense. O... Máis información
- Miranda visita o Centro Galego de Tarragona, e participa en Barcelona na celebración do Entroido das comunidades galegas en Cataluña 08.03.2014 audio O secretario xeral da Emigración gaba o exemplo das entidades galegas radicadas en terras catalás polo seu alto grao de inserción na sociedade de acollida. As entidades da diáspora en Cataluña foron pioneiras no proceso de unión, iniciativa que arestora está en marcha noutros países. No Día Internacional da Muller, Miranda adiantou que o Plan... Máis información
- Publicada a convocatoria para 2014 de ‘Escolas Abertas’, o programa de Emigración que espalla Galicia por todo o mundo 04.03.2014 audio Noventa cidadás e cidadáns residentes no exterior accederán á formación especializada en diversas áreas, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Secretaría Xeral da Emigración pola que se regula e convoca o programa de Escolas Abertas presenciais destinadas ás... Máis información
- O secretario xeral da Emigración entrega os Trofeos da Galeguidade 2014 correspondentes ao Capítulo Xeral da Enxebre Orde da Vieira 03.03.2014 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entregou os Trofeos da Galeguidade 2014 correspondentes ao XLVII Capítulo Xeral da Enxebre Orde da Vieira e foi investido cofrade da mesma. Máis información
Páxinas |





