Novas
Buscador
- A Xunta busca incrementar as alianzas comerciais entre as empresas galegas e brasileiras 18.07.2013 audio O director do Igape, Javier Aguilera, reúnese en Río de Xaneiro con empresariado brasileiro e de orixe galega na procura de inversións e acordos. O obxectivo é ampliar as posibilidades de mercado dun país ao que exportaron 247 empresas o pasado ano, sumando case 167 millóns de euros. Nos catro primeiros meses deste ano, as vendas galegas a Brasil... Máis información
- Miranda entrevístase con altos cargos da Administración cubana para preparar a viaxe de Núñez Feijóo á illa 17.07.2013 audio O secretario xeral da Emigración preside unhas xornadas na Habana sobre a Lei de Galeguidade, e a unión de entidades, para a numerosa diáspora asentada na República americana. O alto cargo da Xunta participa no descubrimento da placa conmemorativa no edificio que albergou na Habana a Curros Enríquez. En Cuba residen 30.000 galegas e galegos, a... Máis información
- Chegan as persoas participantes nos cursos presenciais do programa ‘Escolas Abertas 2013’ de Emigración, que espallan Galicia por todo o mundo 16.07.2013 audio As alumnas e alumnos son nesta ocasión noventa cidadáns e cidadás residentes no exterior, que accederán a formación en diversas especialidades, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual. Os e as participantes nos cursos presenciais do programa “Escolas Abertas 2013” da Secretaría Xeral da Emigración comezaron esta mañá a chegar... Máis información
- Chegan as e os participantes na segunda quenda de ‘Conecta con Galicia’, que fai posible que descendentes de galegos e galegas en América Latina coñezan e divulguen a Galicia actual e moderna 14.07.2013 audio A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. As e os 84 participantes na segunda quenda do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegan mañá a Galicia, onde terán oportunidade... Máis información
- Rodríguez Miranda e o lehendakari Urkullu participaron no Día de Galicia en Euskadi 07.07.2013 audio A gran celebración anual conxunta das comunidades galegas no País Vasco tivo lugar nesta ocasión en Santurce. Miranda asistirá tamén o vindeiro martes a unha cita similar en Pamplona, coincidindo coas festas patronais da capital navarra. O secretario xeral da Emigración percorre estes días ambas comunidades autónomas, coñecendo de primeira man as... Máis información
- Feijóo subliña “a amplitude de miras e a tolerancia dos galegos”, que fan máis doado “desenvolverse no mundo global” 05.07.2013 audio O mandatario autonómico asiste en Barcelona a entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2013 que concede a Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT). Destaca a “misión cumprida” polas empresarias e os empresarios galegos en Cataluña durante 24 anos, potenciando negocios, impulsando o investimento en Galicia, recuperando e... Máis información
- Mañá entrará en vigor a nova Lei da Galeguidade 04.07.2013 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado 11 de xuño. O novo texto lexislativo preserva o patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior, dá pulo á muller e á xuventude, e consolida as prestacións socioasistenciais á diáspora. Tamén destaca a incorporación ao... Máis información
- A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Santiago de Compostela o vindeiro 24 de xullo 03.07.2013 audio Será a súa primeira xuntanza tras a aprobación polo Parlamento de Galicia, o pasado 11 de xuño, da nova Lei de Galeguidade. Terá lugar na Cidade de Cultura de Galicia, no Gaiás compostelán, na véspera do Día de Galicia. O Diario Oficial de Galicia de hoxe, mércores 3 de xullo de 2013, publica a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de... Máis información
- Lar Gallego de Chile, ser galego na fin do mundo 02.07.2013 audio A entidade galega na capital do país andino foi fundada en 1967. Con anterioridade existiron en Santiago o Centro Gallego, en funcionamento entre 1915 e 1925, e a Colectividad Gallega de Chile, en funcionamento entre 1930 e o 1967. Existe en Santiago de Chile unha agrupación chamada Lar Gallego que ten como principal obxectivo fomentar a... Máis información
- Comeza o programa ‘Conecta con Galicia’ de Emigración e Xuventude, que fai posible que 177 descendentes de galegos e galegas en América Latina convivan con 80 mozos e mozas residentes na comunidade 01.07.2013 audio A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. Os primeiros e as primeiras participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegaron xa a Galicia, onde terán oportunidade de... Máis información
Páxinas |



