Novas
Buscador
- Publicada xa a 'Guía del nuevo emigrante' 20.11.2014 audio Proxecto da Federación Española de Asociaciones de Emigrantes Retornados (FEAER), subvencionado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Esta guía aborda todos os aspectos máis importantes que deben coñecer as e os posibles emigrantes á hora de establecerse no novo país de destino. Faise fincapé na importancia de coñecer as características... Máis información
- Jorge Torres, nomeado Embaixador de cultura de paz e ética global pola Federación Mundial de Clubs, Centros e Asociacións UNESCO 19.11.2014 audio Jorge Torres Cantalapiedra é presidente do Centro Gallego de Montevideo, entidade galega do exterior máis antiga do mundo, e membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. A Federación Mundial de Clubs, Centros e Asociacións UNESCO nomeou ao Dr. Jorge Torres Cantalapiedra como Embaixador de cultura de paz e ética global, coas... Máis información
- A Xunta destaca a importancia da coordinación da política migratoria entre as rexións europeas 18.11.2014 audio O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da comisión CIVEX do Comité das Rexións (CdR) da UE. Na xuntanza, Gamallo sinalou a Gobernanza Multinivel como a vía máis idónea para xerar medidas e iniciativas que afronten con éxito estas problemáticas transnacionais. O director xeral de Relacións... Máis información
- «Para min, ser galega é un orgullo» 17.11.2014 audio Entrevista coa responsable do sistema educativo de Nova York publicada no xornal 'La Voz de Galicia'. Defende que os nenos e as nenas coñezan distintas culturas: «Non todo é branco ou negro». Seguro que Carmen Fariña, Carmiña, foi unha mestra simpática, cariñosa, preocupada polos seus alumnos, brillante e que, á vez, conseguía que os seus alumnos... Máis información
- O medio millón de galegos e galegas do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais dentro dun orzamento de 7’7 millóns de euros para 2015 14.11.2014 audio As actuacións derivadas da Lei de Galeguidade increméntanse nun 6’78%. Blíndanse as axudas económicas individuais, e extraordinarias de emerxencia social, para as persoas residentes no Exterior, así como a colaboración a través de entidades que prestan axuda socioasistencial dirixida ás e aos máis desfavorecidos. Emigración dispón de máis de dous... Máis información
- Os Hijos de Lalín enchen de ledicia a Pequena Galicia 14.11.2014 audio O colectivo dezano da Habana celebra un festival infantil no barrio de Luyanó. A barriada de Luyanó, máis coñecida como La Pequeña Galicia da Habana, foi o escenario elixido pola Sociedad Hijos del Partido de Lalín na capital cubana para celebrar un festival infantil con motivo do Día da Cultura e o Día da Hispanidade, ao que acudiron numerosos... Máis información
- Potenciar a presenza de Galicia na economía da zona, e reforzar as ligazóns a través das comunidades galegas, eixos da primeira viaxe de Miranda á República Dominicana e Porto Rico 13.11.2014 audio Miranda acudiu á celebración anual do Centro Galego de Porto Rico, e aproveitando a súa estadía en San Juan, tamén ao Centenario da Casa de España. A axenda do secretario xeral da Emigración incluíu contactos para coñecer as liñas de negocio en ambos países das e dos emprendedores da Galicia territorial. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Nova participación do MEGA en ‘La Noche de los Museos’ 12.11.2014 audio Terá lugar o próximo sábado 15, entre as 20,00 e as 3,00 h. da madrugada. Organizada pola Dirección General de Museos dependente do Ministerio de Cultura do Goberno porteño, abranguerá uns 200 museos e espazos culturais (estatais e privados), que abrirán ao público as súas salas de exposición, ofrecendo visitas guiadas e unha interesante... Máis información
- Morre Aurora Bernárdez, tradutora e viúva de Cortázar 11.11.2014 audio Recollemos aquí o artigo de Francisco X. Fernández Naval publicado no xornal 'La Voz de Galicia'. Dicíase de Cortázar que tiña o don de non envellecer. Pero quen non envellecía era Aurora Bernárdez. Ata antonte mantivo a lucidez, o sentido do humor, a intelixencia, a capacidade de sedución. Aurora naceu en Bos Aires o 23 de febreiro de 1920, nun... Máis información
- A Xunta colaborará coa Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH) 10.11.2014 audio O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi recibido por Eusebio Leal, máxima autoridade para a restauración do Centro Histórico da cidade. A OHCH leva a cabo un amplo programa social coa terceira idade, a adolescencia e a xuventude e coas mulleres na inserción de novos emprendemeentos cooperativos. O director xeral de... Máis información
Páxinas |








