A Xunta colaborará coa Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH)

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi recibido por Eusebio Leal, máxima autoridade para a restauración do Centro Histórico da cidade.

A OHCH leva a cabo un amplo programa social coa terceira idade, a adolescencia e a xuventude e coas mulleres na inserción de novos emprendemeentos cooperativos.

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, mantiveron unha xuntanza na Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH)
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, mantiveron unha xuntanza na Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH)
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, mantiveron unha xuntanza na Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH)
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, mantiveron unha xuntanza na Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH)
  • Gamallo tamén se reuniu con Sergio Toledo, presidente da Federación de Sociedades Gallegas da República de Cuba
    Gamallo tamén se reuniu con Sergio Toledo, presidente da Federación de Sociedades Gallegas da República de Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 9 de novembro de 2014.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, mantiveron unha xuntanza na Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH), onde foron recibidos por Eusebio Leal, máxima autoridade para a restauración do Centro Histórico da cidade, declarado Patrimonio da humanidade pola Unesco en 1982. Á xuntanza tamén se sumou a Directora de Cooperación Internacional da Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH), Nelys García, con quen estudaron posibles colaboracións da Xunta de Galicia en proxectos de cooperación no centro histórico da capital cubana.

A Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH) é responsable da restauración integral do Centro Histórico da cidade en todas as súas vertentes, a partir do deseño e execución dun proxecto sostible que se nutre da explotación das capacidades económicas do ámbito Cultural, Turístico, Comercial e Inmobiliario.

No Centro Histórico da Habana, como espazo atractivo da cidade, desenvólvese unha política de inclusión social, que entende ao cidadán e á cidadá como protagonista do feito cultural e no seu pleno dereito de acceder aos servizos culturais, como medio e opción fundamental para incrementar a súa calidade de vida. Neste sentido, a Oficina leva a cabo un amplo programa social coa terceira idade, a adolescencia e a xuventude e coas mulleres na inserción de novos emprendementos cooperativos.

Logo desta reunión, e de estudar posibles liñas de cooperación, o director xeral puido observar de primeira man o proxecto sociocultural e humanitario que se desenvolve no Antigo Convento de Belén e o Centro de Alzheimer, impulsados pola OHCH.

Aínda que Cuba non é un dos países sinalados como prioritarios para a cooperación galega no III Plan Director, a Xunta ten financiado numerosas actuacións de desenvolvemento na illa caribeña nos períodos de execución dos anteriores Plans Directores. Actualmente aínda moitos das e dos axentes galegos de cooperación traballan no país pola vinculación histórica existente e a experiencia previa de la colaboración con diferentes institucións locais.

Posteriormente, Jesús Gamallo reuniuse co Embaixador de España na illa, Juan Francisco Montalbán, e co Coordinador General da Oficina Técnica de Cooperación, Jorge Piqueras. A xornada de traballo finalizou cun encontro con Sergio Toledo, presidente da Federación de Sociedades Gallegas da República de Cuba.

841 lecturas