Potenciar a presenza de Galicia na economía da zona, e reforzar as ligazóns a través das comunidades galegas, eixos da primeira viaxe de Miranda á República Dominicana e Porto Rico

Miranda acudiu á celebración anual do Centro Galego de Porto Rico, e aproveitando a súa estadía en San Juan, tamén ao Centenario da Casa de España.

A axenda do secretario xeral da Emigración incluíu contactos para coñecer as liñas de negocio en ambos países das e dos emprendedores da Galicia territorial.

  • Miranda, o cónsul José Rodríguez Moyano, e o presidente da Asoc de Empresarios Galegos da República Dominicana (AEGARD) Eduardo Pahíno
    Miranda, o cónsul José Rodríguez Moyano, e o presidente da Asoc de Empresarios Galegos da República Dominicana (AEGARD) Eduardo Pahíno
  • O secretario xeral da Emigración con Carlos Esteban Deive (escritor e humanista dominicano nado en Sarria)
    O secretario xeral da Emigración con Carlos Esteban Deive (escritor e humanista dominicano nado en Sarria)
  • Miranda con (de esquerda a dereita) Iván Armengou, Carlos Rodríguez Fernández, e Eduardo Pahíno (membros da AEGARD)
    Miranda con (de esquerda a dereita) Iván Armengou, Carlos Rodríguez Fernández, e Eduardo Pahíno (membros da AEGARD)
  • Miranda coa directiva do Centro Galego de Porto Rico e compoñentes do grupo folclórico de Casa Galicia de Nova York
    Miranda coa directiva do Centro Galego de Porto Rico e compoñentes do grupo folclórico de Casa Galicia de Nova York
  • O secretario xeral da Emigración entregando metopa a José Gómez Vilacoba, presidente do Centro Galego de Porto Rico
    O secretario xeral da Emigración entregando metopa a José Gómez Vilacoba, presidente do Centro Galego de Porto Rico
  • O presidente da Cámara de Representantes de Puerto Rico, Honorable Jaime Perelló Borrás, acompañado de tres galegos: Gabino Iglesias, chanceler do Consulado de España en San Juan; Aurelio Miras Portugal, director xeral de Migracións, e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
    O presidente da Cámara de Representantes de Puerto Rico, Honorable Jaime Perelló Borrás, acompañado de tres galegos: Gabino Iglesias, chanceler do Consulado de España en San Juan; Aurelio Miras Portugal, director xeral de Migracións, e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
  • De esquerda a dereita: Gonzalo Giménez (conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España nos EE.UU.); Miras Portugal; Tony Sánchez (empresario galego en EE.UU.), Rodríguez Miranda, José Gómez Vilacoba (presidente do Centro Galego de Porto Rico);  e José de Santiago (presidente da Casa de España de Puerto Rico) e a súa dona, María Esther Suardiaz
    De esquerda a dereita: Gonzalo Giménez (conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España nos EE.UU.); Miras Portugal; Tony Sánchez (empresario galego en EE.UU.), Rodríguez Miranda, José Gómez Vilacoba (presidente do Centro Galego de Porto Rico); e José de Santiago (presidente da Casa de España de Puerto Rico) e a súa dona, María Esther Suardiaz
  • De esquerda a dereita: Gabino Iglesias (chanceler do Consulado Xeral de España en Porto Rico), Rodríguez Miranda, Tony Sánchez e Gómez Vilacoba
    De esquerda a dereita: Gabino Iglesias (chanceler do Consulado Xeral de España en Porto Rico), Rodríguez Miranda, Tony Sánchez e Gómez Vilacoba
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizou a pasada semana a súa primeira viaxe á República Dominicana e Porto Rico, no marco da intensa xira de contactos que está a levar a cabo coas comunidades galegas asentadas en toda América, e coas e cos responsables das institucións máis importantes das sociedades que as acollen.

Así, o xoves á noite mantivo un primeiro encontro con membros da colectividade galega residente na República Dominicana, de quen coñeceu de primeira man as impresións e inquedanzas da comunidade residente no país. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, a 1 de xaneiro de 2014 residían na República Dominicana 2.314 cidadáns galegas e galegos.

A axenda de Miranda o venres á mañá comezou cunha reunión co cónsul de España no país, José Rodríguez Moyano, e despois realizou visita ao domicilio do historiador e escritor Carlos Esteban Deive -nado na localidade luguesa de Sarria-, Premio Nacional de Literatura e Premio Nacional de Historia na República Dominicana, oficial da Orde do Mérito Civil en España, e referente das colectividades galega e española na illa.

De seguido, o secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza con emprendedoras e  emprendedores galegos no país, concretamente coa Asociación de Empresarios Galegos da República Dominicana (Adegard), única entidade galega oficialmente constituída con presenza no país, co obxectivo de coñecer detalles do seu traballo no país. Con este contacto, concluíu esta primeira visita oficial de Miranda na illa da Española.

En Porto Rico
Xa o venres á noite, e na Casa de España de San Juan, Miranda participou na celebración do Centenario, precisamente, desta institución. No decurso da mesma, coñecerá a parte da colectividade galega residente na illa, composta por algo menos de mil persoas.

Na mañá do sábado, o secretario Xeral da Emigración reuniuse co cónsul de España en Porto Rico, Tomás Rodríguez Pantoja, e co chanceler, o galego Gabino Iglesias. Inmediatamente despois, desprazouse ata o Centro Galego de Porto Rico, fundado en 1974 e que preside José Gómez Vilacoba, para participar na súa celebración anual. Alí, visitou as instalacións da entidade, reunirase con socias e socios, e coa xunta directiva, e presenciou algunhas das actividades culturais que se desenvolven na sede da única colectividade galega oficialmente constituída na illa.

A viaxe de Rodríguez Miranda concluíu o domingo á mañá cunha reunión cun grupo de empresarios galegos e galegas residentes en Porto Rico, con quen explorou as posibilidades de afondar nas relacións comerciais entre ambos lados do Atlántico, en especial as oportunidades de negocio para as e os emprendedores da Galicia territorial, coa finalidade de dar novo pulo á internacionalización da economía galega.

En imaxes
2058 lecturas