Novas
Buscador
- O conselleiro de Cultura e Educación asistiu á entrega da Medalla de ouro do Concello Quiroga ao presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete 10.11.2014 audio A distinción recoñece o seu traballo ao fronte do Centro Galego e a difusión da lingua e a cultura galega. Vázquez Abad destacou do galardoado “o seu labor para enriquecer e prestixiar en Cataluña a cultura e a lingua da nosa Comunidade, convencido de que o seu exemplo servirá de semente para as xeracións vindeiras”. O titular de Cultura e... Máis información
- A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "El azabache y su cultura en la península ibérica", de Ángel Cardín Toraño 07.11.2014 audio Ademais do autor, interviñeron o político Joaquín Leguina e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega. A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica, do economista e colaborador da Gran Enciclopedia Gallega Ángel Cardín Toraño, publicado por... Máis información
- Miranda intensifica a súa axenda de contactos con institucións colaboradoras coas Comunidades Galegas 03.11.2014 audio O secretario xeral da Emigración recibiu a representantes do C.R.E. de Sâo Paulo, do Desfile de St. Patrick de Nova York, e da ‘Jeuneuse Belgium’ en Bruxelas. Tamén coñeceu o desenvolvemento do centro unitario da diáspora galega en Castela A Mancha. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, intensifica nestas xornadas a súa... Máis información
- Miranda compartiu o Día Nacional coas comunidades galegas de Zaragoza, Barakaldo e Tres Cantos 25.10.2014 audio Na celebración do Día Nacional, na Praza do Pilar, viviuse unha nova e exitosa cita conxunta das colectividades galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración conxunta de tres colectividades galegas en Zaragoza, co gallo do Día Nacional. Convidados polo Centro Galego da capital aragonesa, formaron... Máis información
- Rodríguez Miranda participa na celebración coa comunidade empresarial galega en Miami 24.10.2014 audio O alcalde da capital da Florida, Tomás Regalado, entregará a chave da cidade ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos nos Estados Unidos, José Manuel Brandariz. Na axenda da viaxe do secretario xeral da Emigración figura igualmente a visita á Casa de Santa Marta de Ortigueira. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
- Rodríguez Miranda lembra que o número de persoas nadas en Galicia residentes no estranxeiro descendeu en 5.694 persoas desde 2009 22.10.2014 audio O secretario xeral de Emigración participou na clausura do seminario ‘Novas mobilidades nun contexto de crise. Retos da Emigración para a sociedade galega’. Recalca que, segundo os datos oficiais, máis do 60% dos galegos e as galegas no exterior teñen máis de 64 anos, e só o 0’89 son menores de 16. As e os expertos reunidos nestas xornadas... Máis información
- O Consello da Cultura Galega pon na rede a edición completa da revista 'Céltiga' 21.10.2014 audio Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Nela publicaron tanto notables intelectuais arxentinas e arxentinos como escritores, periodistas, poetas e artistas galegos e galegas de todas as disciplinas. Agora, cando se cumpren noventa anos da publicación do seu primeiro número, o Consello... Máis información
- Galicia desfila en Nova York 17.10.2014 audio O Día da Hispanidade pola Gran Mazá cumpre 50 anos coa participación dunha vintena de países. A Casa de Galicia en Nova York, que celebrou recentemente o seu 74 aniversario, é unha das entidades organizadoras do desfile da hispanidade de Nova York, que o domingo 12 de outubro celebrou os seus 50 anos de vida. Con gaitas, bailes rexionais e todos... Máis información
- A Amtega convoca o primeiro concurso 'Faite dixit@l!' de aplicacións para móbiles 17.10.2014 audio Premiará, entre outros aspectos, a creatividade e a innovación da ferramenta así como o uso da tecnoloxía de código aberto. Poden participar todos as e os maiores de 18 anos e persoas autónomas que o desexen, galegos e galegas ou con residencia en Galicia. O gañador ou gañadora recibirá un computador portátil de última xeración. O prazo de... Máis información
- En torno a 60.000 persoas de tres países, en dous continentes, visitaron ‘Galicia, Pórtico Universal’, segundo os datos do balance presentado por Miranda no Parlamento 15.10.2014 audio A iniciativa da Xunta en colaboración coas Comunidades Galegas xerou asemade a participación de 1.313 especialistas en accións promocionais de produtos galegos, así como unha importante atención mediática. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou esta mañá no Parlamento de Galicia o balance do funcionamento da... Máis información
Páxinas |









