Novas
Buscador
- A Xunta reafirma o apoio ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para abrir novas oportunidades aos galegos da emigración 30.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reuniuse na súa visita á Arxentina e ao Uruguai con persoas beneficiarias destas bolsas BEME que concede a Xunta. José González puxo en valor os galegos que están retornando grazas a estas bolsas, o que permite seguir atraendo perfís de alta cualificación á nosa Comunidade para dar cobertura ás... Máis información
- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración destaca o compromiso de Ospaña na promoción do benestar social e sanitario dos galegos residentes en Bos Aires 29.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, realizou hoxe unha visita institucional a Ospaña, onde destacou o compromiso e a dedicación de entidades como esta na promoción do benestar social... Máis información
- A Xunta reforza a colaboración co Goberno da capital arxentina de Bos Aires para seguir favorecendo as relacións coa cidade do exterior con máis galegos 29.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reuniuse hoxe co ministro de Desarrollo Económico de Bos Aires e co encargado de negocios da Embaixada de España na Arxentina. Mentres, no encontro co representante da Embaixada, avanzouse na coordinación para garantir a atención aos galegos residentes na Arxentina. En ambas xuntanzas, José González... Máis información
- José González destaca o Colexio Santiago Apóstol como exemplo da continuidade e promoción da cultura galega a través da educación 29.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, visitou hoxe o Colexio Santiago Apóstol do Centro Galicia de Bos Aires. Esta institución educativa, fundada en 1998, destaca pola súa dedicación á... Máis información
- José González salienta en Bos Aires o reforzo do compromiso da Xunta cos galegos no exterior 28.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración estivo hoxe coa comunidade galega na Arxentina. O conselleiro mantivo un encontro cos presidentes das entidades galegas na Arxentina, sinalando que sen elas non se podería falar “da terra nai con maiúsculas, que nos enche de orgullo o corazón e que vai con nós onde queira que vaiamos”. Foi no marco... Máis información
- A Xunta enxalza o labor das entidades galegas no Uruguai a prol da nosa lingua e da nosa cultura 28.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou nun encontro cos presidentes das entidades galegas en Montevideo, entre outros actos. José González puxo de relevo o compromiso do Goberno autonómico coa comunidade galega neste país, “traballando incansablemente para apoiar as nosas entidades e preservar as nosas tradicións”. O... Máis información
- A Xunta pon de relevo no Uruguai a súa aposta polo emprendemento e pola xeración de emprego para fixar poboación no rural 27.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reuniuse co ministro de Trabajo y Seguridad Social uruguaio, entre outros encontros. Na súa reunión co ministro, José González destacou ferramentas como a Rede de polos de emprendemento ou a pioneira aplicación da intelixencia artificial nas oficinas de emprego para casar oferta con demanda, na que... Máis información
- José González reafirma o apoio da Xunta ao Hogar español de Ancianos en Montevideo pola súa relevancia para os galegos residentes no Uruguai 27.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración realizou varias visitas nas últimas horas á colectividade galega no Uruguai. O titular de Emprego tamén visitou a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), á que agradeceu o seu compromiso na promoción e captación de investimentos. González mantivo ademais un encontro coa colectividade do... Máis información
- José González reafirma o compromiso da Xunta coa preservación da cultura galega no exterior durante o aniversario do Centro Galicia de Bos Aires 26.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou no acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, coincidindo coa conmemoración do Día de Galicia e asinou no libro de honra da entidade. Alí, González destacou a importancia de manter vivos... Máis información
- A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no mundo 25.07.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia a viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai. Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con máis de 9.000 socias e socios. Neste evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do... Máis información
Páxinas |









